Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Información ABAU 2020

Xa podedes consultar nos arquivos adxuntos e na web da CIUG información sobre a Convocatoria Ordinaria das ABAU 2020, ademáis dun resumo da mesma e as instrucións para o alumnado actualizadas.

Páxina web da CIUG

Día das Letras Galegas 2020. Ricardo Carvalho Calero

O 17 de maio celebramos o día das nosas letras, que este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero (1910-1990), escritor, historiador da literatura, crítico literario, filólogo e lingüista.

A nosa biblioteca X. L. Méndez Ferrín quere rendirlle homenaxe coa presentación adxunta. Aproveita para coñecer un pouco máis sobre esta importante figura da nosa cultura, nos enlaces que atoparás máis abaixo:

Antoloxía

Adaptación calendario de exames de pendentes maio 2020

Publicamos un calendario adaptado de exames de materias pendentes modificado pola situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19.(As materias pendentes son as materias que que ten suspensas un alumno do curso anterior, por exemplo, un alumno que está en 2º de bacharelato que ten suspensa unha materia de 1º de bacharelato; o un alumno de 2º de ESO que ten suspensa unha materia de 1º de ESO). 

 

Reapertura do proceso de admisión alumnado para curso 2020-2021

Hoxe 6 de maio sae publicada no DOG a Resolución que acorda o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado en centros públicos para o curso 2020-2021.

Os novos prazos establecidos son:

Modelos de exames ABAU 2020

Xa podedes consultar na paxina da CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) os modelos de exames para as probas ABAU que, se non hai cambios, celebraranse os días 7, 8 e 9 de xullo. Facilitamos o enlace aos modelos.

Modelos dos exames

Carta ao alumnado menor de 14 anos

O Departamento de Orientación continúa coidando de todos nós. E ante o inminente permiso para que os e as menores de 14 anos poidan saír de casa, quere compartir con vos esta carta.

Aproveita tamén para enviaros unha "Axenda para adolescentes confinados", con algúns consellos para afrontar este largo confinamento.

 

Correos electrónicos do alumnado

Todo o alumnado do IES Santa Irene, incluido o alumnado de adultos, ten á súa disposición un correo electrónico coa extensión @iessantairene.es que é o que preferentemente utiliza o profesorado para poñerse en contacto con eles.

O alumnado que non coñeza ese correo debe poñerse en contacto co centro a través do correo electrónico ies.santairene@edu.xunta.gal para que lle sexa facilitado, así como a clave de acceso á aula virtual.

Día do Libro 2020

O vindeiro xoves 23 de abril celébrase o Día do Libro. Será un día do libro diferente, porque non poderemos celebrar con vos as iniciativas que o grupo da Biblioteca tiña organizadas. 

Este ano, cúmprense cen anos da morte de Benito Pérez Galdós. Desde a Biblioteca do IES Santa Irene queremos adicarlle este día. 

Préstamo de ordenadores Abalar

A piques de comezar a terceira avaliación que alomenos nas primeiras semanas vai ser telemática, comunicamos que, con autorización da Consellería de Educación, poderanse prestar os ordenadores abalar a aquelas familias que non dispoñan de ordenador ou precisen de algunha unidade máis para varios fillos/as.

O préstamo farase polo tempo que dure o confinamento ou, como máximo, ata o 19 de xuño (remate das actividades lectivas, segundo Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar).

Entrega de notas da 2ª avaliación

Estimadas familias e estimado alumnado.

Estamos vivindo unha etapa complicada, con medos e inquedanzas pero confiamos en que vos atopedes ben de saúde e con ánimos para seguir adiante.



by Dr. Radut