Skip to Content

Publicación na web oficial e no blog Ágora

Para publicar nesta web, xa se trate da programación didáctica dun departamento ou dun artigo no blog Ágora sobre unha actividade didáctica ou extraescolar, é necesario iniciar a sesión indicando un nome de usuario válido e o contrasinal correspondente.

Na Guía de publicación na web adxunta explícanse os procedementos de publicación máis habituais así como as normas de estilo empregadas. A este respecto, recordamos aos colaboradores que non deben escribir os títulos enteiros en letras maiúsculas. Para cuestións de estilo non tratadas nesta guía, aplicaranse as Normas de estilo e redacción do Manual de estilo do Diario Oficial de Galicia e outras publicacións institucionais. Para calquera outro asunto relacionado coa publicación na web non tratado nesta guía, póñase en contacto co coordinador TIC do centro en ctic@iessantairene.es.

Todas as publicacións na web e nas redes sociais deben respectar o Protocolo de Protección de Datos elaborado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

AdxuntoTamaño
Guía publicación web.pdf55.51 KB


page | by Dr. Radut