Instalacións

Benvid@s ao IES Santa Irene de Vigo!


Fachada principal, cara ao noroeste

Información xeral

Corredor da planta baixa
Corredor da planta baixa

O Instituto Santa Irene conta cun equipo de 62 profesores e profesoras e 12 membros do persoal de administración e servizos; imparte clase a preto de mil alumnos distribuídos en 11 grupos de ESO e 14 grupos de bacharelato, incluíndo a educación xeral ordinaria e a educación para persoas adultas.

Escaleira de acceso ás plantas superiores
Escaleira de acceso ás plantas superiores

Aínda que á súa orixe se remonta ao antigo Instituto de Vigo, inaugurado no curso 1927-28 con 189 alumnos, o Instituto Santa Irene, con esta denominación e no seu emprazamento actual, iniciou a súa actividade docente no curso 1945-46. O edificio é obra do arquitecto vigués Antonio Cominges Tapias e a súa construción foi posible grazas ao legado deixado para este fin polo industrial galego José Policarpo Sanz. O nome do centro constitúe unha homenaxe á súa esposa, Irene Ceballos.

Vista cara ao exterior
Vista cara ao exterior

As persoas interesadas na historia do Instituto atoparán máis información na sección a nosa historia.

Vista cara ao exterior
Vista cara ao exterior

Aulas de grupo

En elboración - Proxecto de renovación da web do centro Curso 2022-2023
Aula 36

O instituto dispón de 16 aulas grandes (56-72 m²) con capacidade de ata 30 alumnos por aula, e de 8 aulas máis pequenas (32-50 m²) con capacidade de ata 20 alumnos por aula, aproximadamente. Nestas aulas desenvólvense a maior parte das clases, e a maioría están dotadas de conexión a internet e equipos de amplificación de son e proxección dixital.

En elboración - Proxecto de renovación da web do centro Curso 2022-2023
Aula 12

Aulas do Proxecto Abalar

Alumnado traballando nunha aula do Proxecto Abalar
Alumnado traballando nunha aula do Proxecto Abalar

Das aulas xerais, seis empréganse no Proxecto Abalar para os cursos 1º e 2º de ESO. Estas aulas están equipadas cun ordenador ultraportátil para cada alumno, proxector dixital, encerado dixital interactivo e rede wifi.

Alumnado traballando nunha aula do Proxecto Abalar
Alumnado traballando nunha aula do Proxecto Abalar

Aulas específicas e multimedia

Aula de música
Aula de música

Temos aulas específicas para as clases de música, tecnoloxía e informática, dotadas do equipamento necesario para a aprendizaxe das materias correspondentes. Ademais temos unha segunda aula de informática e unha aula multimedia para as clases doutras materias.

Aula de tecnoloxía
Aula de tecnoloxía

Aula de informática 1
Aula de informática 1

Aula de informática 2
Aula de informática 2

Aula de audiovisuais
Aula de audiovisuais

Laboratorios

Laboratorio de ciencias naturais
Laboratorio de ciencias naturais

Dispoñemos de tres laboratorios independentes para realizar as actividades prácticas das materias científicas: ciencias naturais, física e química.

Laboratorio de física
Laboratorio de física

Laboratorio de química
Laboratorio de química

Biblioteca

Biblioteca

A nosa biblioteca contén numerosos fondos bibliográficos acumulados ao longo da dilatada historia do centro. A sala de lectura foi renovada recentemente e dispón de ordenadores conectados a Internet para o uso académico do alumnado. Na ligazón seguinte pódese consultar o Catálogo da biblioteca do IES Santa Irene.

Biblioteca

Biblioteca

Paraninfo

Paraninfo

No paraninfo celébranse todo tipo de actos académicos, desde a presentación do curso ata conferencias, concertos e representacións dramáticas, entre as que destacan polo interese que suscitan no alumnado as producións do grupo de teatro do propio instituto.

Entrada do paraninfo

Actividades no paraninfo