Profesional
Reclamacións das cualificacións de segundo de bacharelato. Curso 2018/19
Enviado por Admin o Xov, 27/04/2017 - 12:56RECLAMACIÓNS CUALIFICACIÓNS 2º BAC
Publicación da Circular 2/2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2018/2019.
Reclamacións no centro. Prazos
- Convocatoria ordinaria: 22 e 23 de maio de 2019 (ata as 14.00 horas).
- Convocatoria extraordinaria: 25 e 26 de xuño de 2019 (ata as 14.00 horas).
Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos
- Convocatoria ordinaria: antes das 18.00 horas do día 27 de maio de 2019.
- Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do día 27 de xuño de 2019.
Recepción do expediente na comisión de supervisión. Prazos
- Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 29 de maio de 2019.
- Convocatoria extraordinaria: antes das 14.00 horas do día 28 de xuño de 2019.
O IES San Rosendo foi galardonado nos PREMIOS CAMIÑO DE SANTIAGO 2016!
Enviado por Admin o Mér, 16/11/2016 - 15:04
O IES San Rosendo foi galardonado co primeiro premio na modalidade de traballos en centros educativos de primaria e secundaria nos Premios Camiño de Santiago 2016 convocados por Turismo de Galicia.
O traballo presentado a estos premios foi coordinado pola profesora Amparo Bermúdez. A nosa noraboa á todos alumnos e profesores que colaboraron na súa realización!
Xubilación de Don Pepe
Enviado por Admin o Ven, 29/01/2016 - 11:14Xubilación de don Pepe on PhotoPeach
!O proxecto do IES San Rosendo "A paisaxe como alma do territorio" recibiu o primeiro premio Paisaxe e Sustentabilidade na convocatoria 2014-2015!
Enviado por Admin o Mér, 28/10/2015 - 14:50O pasado día 7 de outubro reuniuse o xurado encargado de resolver a convocatoria dos premios Paisaxe e Sustentabilidade. Participaron na convocatoria 2014-2015, de oficio, os 28 centros de educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP seleccionados para participar no programa “Paisaxe e Sustentabilidade” a través do plan Proxecta.
Esta iniciativa educativa pretende fomentar a cultura da sustentabilidade e a valoración da paisaxe propia por parte do alumnado de Galicia.
Así pois o xurado acordou conceder, por unanimidade, tendo en conta os criterios establecidos na convocatoria o seguinte PREMIO ao centro:
PREMIO |
CENTRO DOCENTE |
PROXECTO 2014-15 |
1º premio |
IES Plurilingüe San Rosendo |
A paisaxe como alma do territorio |
Os nosos parabéns á profesora coordinadora, Macamen Cerviño Gómez, e ao resto do profesorado e alumnado participante.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañou ao alumnado do IES San Rosendo no inicio de curso
Enviado por Admin o Lun, 21/09/2015 - 06:07O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañou aos rapaces e rapazas do IES San Rosendo de Mondoñedo no primeiro día de clases.
Programas educativos novidosos
Durante o seu percorrido polo centro –no que estivo acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, polo director xeral de Educación, Manuel Corredoira, e polo director xeral de Centros, José Manuel Pinal–, o conselleiro salientou a inmersión deste centro nos programas educativos novidosos postos en marcha polo Executivo galego nestes últimos anos.
Deste xeito, valorou o súa incorporación ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), que permite transformar as bibliotecas escolares en puntos de encontro para a lectura, a información e a aprendizaxe, así como en espazos para integrar o mundo escrito e o dixital a través das TIC. Tamén lembrou que o IES San Rosendo é un centro plurilingüe, comprometido, por tanto, coa inmersión lingüística. O conselleiro recordou que, trala incorporación de 36 máis este curso, xa son 257 os centros adheridos á rede do plurilingüismo e preto de 90.000 alumnos beneficiados.
A maiores, o conselleiro tamén puxo en valor a aposta deste instituto por unha ensinanza dixital a través do programa Abalar. Neste sentido, animou ao equipo directivo a implantar, ao abeiro deste plan, o proxecto de educación dixital E-Dixgal, mediante o cal o alumnado pode acceder aos materiais curriculares de balde.
Implantación da Lomce
Por outro lado, Román Rodríguez explicou que este curso comeza con novidades nas etapas de ESO e bacharelato, pois implántase a Lomce en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e 1º de bacharelato. A maiores, o novo marco normativo tamén se estende ao segundo ano de FP Básica. Precisamente, no IES San Rosendo ofértase esta modalidade, concretamente FP Básica de Agroxardinería e composición florais.
Selectividade Xuño 2015
Enviado por Admin o Mar, 23/06/2015 - 07:53
¡100% de aprobados na Selectividade!
Noraboa a todos/as