Orientación
TEST DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL
Enviado por sole o Xov, 31/03/2022 - 05:44Achego un programa informático sobre os distintos estudos que se poden facer en toda España e tamén hai varios tests que nos poden axudar a coñecernos un pouco máis.
http://www.orientaline.es/?yafxb=18278
PROGRAMAS DE PRÁCTICAS FUAC
Enviado por sole o Xov, 03/03/2022 - 08:35A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) é unha organización privada non lucrativa que impulsa cursos, mestrados, prácticas en empresas, autoemprego e outros proxectos de carácter benéfico - docente.
FUAC oferta aos centros educativos de Galicia, que imparten formación profesional, prácticas educativas remuneradas como unha forma de dárlles un impulso a súa carreira profesional.
Na seguinte ligazón podes encontrar toda a información necesaria.
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS
Enviado por sole o Ven, 14/01/2022 - 06:24Na páxina de educación da Xunta de Galicia (https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual) aparece toda a información sobre as probas de acceso a ciclos (medio e superior), para o ano 2022.
Achego un calendario de acceso as probas do 2022 e un resume das condicións da proba de acceso a ciclo medio.
INFORMACIÓN SOBRE O GRAO DE TRABALLO SOCIAL (USC)
Enviado por sole o Xov, 04/11/2021 - 06:42Achégase un documento con información sobre este grao universitario.
INFORMACIÓN SOBRE INGRESO NAS FORZAS ARMADAS (DISTINTOS ESTUDOS)
Enviado por sole o Xov, 04/11/2021 - 06:14Información sobre o desempeño profesional e as diversas opcións de formación e traballo que actualmente ofertan as Forzas Armadas, como unha alternativa máis para os nosos estudantes que rematen os estudos de secundaria, bacharelato e/ou ciclos formativos (grao medio e superior).
Nos archivos adxuntos, aparecen:
1. Cartel con códigos QR con toda a información detallada sobre o acceso a calquera dos tres exércitos (terra, mar e aire), así como aos corpos comúns.
2. Notas de corte para o acceso do ano 2021 e anteriores.
3. Requsitos de acceso ás diferentes escalas.
Ademáis, será posible encontrar información adicional no seguinte enlace de internet http://www.reclutamiento.defensa.gob.es/
PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PARA O CURSO 2021/22
Enviado por sole o Xov, 04/11/2021 - 05:54GUÍA INFORMATIVA SOBRE UNIVERSIDADES
Enviado por sole o Mér, 21/04/2021 - 08:55Está guía está feita para que o estudantado preuniversitario coñeza todas as universidades públicas e privadas que temos en España. Ademáis, poderán encontrar información sobre os exames de acceso e admisión ás Universidades públicas, becas e información sobre aloxamento nas distintas provincias españolas.
Trátase dunha guía interactiva que enlaza aos recursos directamente dende a mesma. É totalmente gratuíta e está enfocada a resolver as dúbidas do alumnado.
https://www.uniscopio.com/documentos/Guia-de-Acceso-y-Admision-a-la-Universi
CONVOCATORIA ORDINARIA ABAU
Enviado por sole o Mér, 21/04/2021 - 08:31A continuación tedes a Convocatoria ordinaria de matrícula da Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU)
No Anexo I aparecen os Lugares de Entrega de Recollida de Documentación (LERDs)
No Anexo II aparece a Relacións de Comisións Delegadas coa asignación dos centros de Secundaria que corresponden a cada un delas.
No Anexo III está o horario das probas.