A raiña Letizia inaugurou o curso escolar de Formación Profesional no IES San Rosendo de Mondoñedo
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 06:36
A raiña Letizia inaugurou de forma oficial o curso de Formación Profesional no IES de San Rosendo de Mondoñedo acompañada polo ministro de Educación, o presidente da Xunta e o conselleiro de Educación.
A raiña contemplou como traballaban os alumnos de FP e despois, tras o protocolario acto inaugural, visitou unha exposición de proxectos innovadores de FP que desenvolven dez centros de Galicia interesándose polos detalles de todos eles.
Video procedente de La Voz de Galicia
Iria Bermúdez Barreira, de 2º de ESO, premiada no concurso Atrévete a ter unha idea
Enviado por Admin o Sáb, 04/07/2020 - 11:38A alumna de 2º de ESO Iria Bermúdez Barreira foi premiada no concurso Atrévete a ter unha idea, un certame enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.
Instrucións ás familias sobre a aplicación abalarMóvil
Enviado por Admin o Sáb, 04/04/2020 - 08:26O proxecto do IES San Rosendo "O da la miúda", sobre o lobo ibérico gaña un premio a nivel europeo
Enviado por Admin o Sáb, 28/09/2019 - 08:37
Na XXXI edición dos Premios EUCYS (European Union Contest of Young Scientists) para os mellores proxectos científicos en todas as áreas do coñecemento levados a cabo por xóvenes preuniversitarios, celebrado en Sofia (Bulgaria), o proxecto "O da la miúda: distribución, etología y fenología del lobo ibérico", do alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo (Lugo) representado por María Bouso Posada, Xiana Rego Fernández e Ana Rubal Sánchez, e titorizado polo profesor Óscar Chao Penabad, foi recoñecido con un Premio especial do Joint Research Centre, o servizo interno de ciencia da Comisión Europea.
- http://www.ciencia.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.edc7f2029a2be27d7010721001432ea0/?vgnextoid=7d8e8b67aaf3d610VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=4346846085f90210VgnVCM1000001034e20aRCRD&lang_choosen=gl
- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/mondonedo/2019/09/27/premian-europa-alumnos-ies-san-rosendo-mondonedo-proyecto-sobre-lobo/0003_201909G27P24991.htm
- http://www.cronica3.com/2019/09/o-ies-san-rosendo-de-mondonedo-esta-a-representar-a-toda-espana-na-31-eucys-european-union-contest-for-young-scientists-en-sofia-bulgaria/
- http://www.injuve.es/conocenos/noticia/cinco-estudiantes-espanolas-participan-en-eucys-el-certamen-europeo-de-jovenes-investigadores
- http://www.educacionyfp.gob.es/prensa/fotonoticias/2019/09/20190919-eucys.html
- http://divulgauned.es/eucys2019/
O Proxecto Rebinxe do IES San Rosendo gañador dos III Premios Fundación Endesa á Ecoinnovación Educativa na categoría 3: Como mellorarías o teu entorno?
Enviado por Admin o Sáb, 22/06/2019 - 13:38O proxecto dos alumnos de Bioloxía do IES San Rosendo sobre o lobo ibérico gaña un premio a nivel nacional!
Enviado por Admin o Xov, 20/06/2019 - 13:28O proxecto dos alumnos de Bioloxía O da la miúda, para o estudo do lobo ibérico na comarca, gañou un dos seis primeiros premios aos mellores proxectos científicos do XXXI Certamen Jóvenes Investigadores outorgados polo Instituto da Xuventude (Injuve) e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Tres alumnas –María Bouso Posada, Xiana Rego Fernández e Ana Rubal Sánchez– foron as encargadas de presentar o proxecto, que estuda a distribución, a etoloxía e a fenoloxía desta especie nas proximidades do centro educativo, baixo a coordinación do profesor Óscar Chao Penabad.
Os alumnos do IES San Rosendo no II Torneo de Robótica da Escola Universitaria Politécnica da Universidade da Coruña.
Enviado por Admin o Xov, 28/03/2019 - 09:58Este xoves 28 de marzo máis de 170 estudantes de ESO, Bacharelato e FP participaron no II Torneo de Robótica que organiza Escola Universitaria Politécnica (EUP) da Universidade da Coruña. Nesta segunda edición, participou alumnado do IES Cabo Ortegal, de Cariño; dos IES Eduardo Blanco Amor e Rego da Trabe, de Culleredo; dos IES Ferrol Vello, Sofía Casanova e Catabois, de Ferrol; do IES San Rosendo, de Mondoñedo; do IES Ortigueira, de Ortigueira; do CPI de Atios, de Valdoviño; e mais do CIFP Ferrolterra.
Divididos en 39 equipos, os estudantes tiveron que superar tres retos: un sigue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo. No sigue liñas, o robot tivo que seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñían no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, empregaron algoritmos similares aos que utilizan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Por último, na competición de sumo, os equipos mediron as súas forzas nun cara a cara no que debían expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo. Os equipos do IES San Rosendo quedaron segundos na proba do “Barrendeiro”e primeiros na competición de sumo.
https://codigocero.com/Centros-de-Betanzos-Mondonedo-e-Ferrol-conseguen-os-premios-do-II-Torneo-de
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- seguinte ›
- última »