O proxecto dos alumnos de Bioloxía do IES San Rosendo sobre o lobo ibérico gaña un premio a nivel nacional!

O proxecto dos alumnos de Bioloxía O da la miúda, para o estudo do lobo ibérico na comarca, gañou un dos seis primeiros premios aos mellores proxectos científicos do XXXI Certamen Jóvenes Investigadores outorgados polo Instituto da Xuventude (Injuve) e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Tres alumnas –María Bouso Posada, Xiana Rego Fernández e Ana Rubal Sánchez– foron as encargadas de presentar o proxecto, que estuda a distribución, a etoloxía e a fenoloxía desta especie nas proximidades do centro educativo, baixo a coordinación do profesor Óscar Chao Penabad

 https://twitter.com/InjuveSpain/status/1141661911475531776

http://xornaldamariña.gal/sociedade/20859-un-estudo-sobre-o-lobo-iberico-do-ies-san-rosendo-de-mondonedo-premiado-a-nivel-estatal/

http://www.cronica3.com/2019/06/1o-premio-no-xxxi-certame-jovenes-investigadores-para-3-alumnas-do-ies-san-rosendo/

Os alumnos do IES San Rosendo no II Torneo de Robótica da Escola Universitaria Politécnica da Universidade da Coruña.

Este xoves 28 de marzo máis de 170 estudantes de ESO, Bacharelato e FP participaron no II Torneo de Robótica que organiza Escola Universitaria Politécnica (EUP) da Universidade da Coruña. Nesta segunda edición, participou alumnado do IES Cabo Ortegal, de Cariño; dos IES Eduardo Blanco Amor e Rego da Trabe, de Culleredo; dos IES Ferrol Vello, Sofía Casanova e Catabois, de Ferrol;  do IES San Rosendo, de Mondoñedo; do IES Ortigueira, de Ortigueira; do CPI de Atios, de Valdoviño; e mais do CIFP Ferrolterra.

Divididos en 39 equipos, os estudantes tiveron que superar tres retos: un sigue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo. No sigue liñas, o robot tivo que seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñían no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, empregaron algoritmos similares aos que utilizan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Por último, na competición de sumo, os equipos mediron as súas forzas nun cara a cara no que debían expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo. Os equipos do IES San Rosendo quedaron segundos na proba do “Barrendeiro”e primeiros na competición de sumo.

https://www.udc.es/gl/novas/Mais-de-170-estudantes-participaran-este-xoves-28-de-marzo-no-II-Torneo-de-Robotica-que-organiza-a-Escola-Universitaria-Politecnica/

https://codigocero.com/Centros-de-Betanzos-Mondonedo-e-Ferrol-conseguen-os-premios-do-II-Torneo-de

https://www.udc.es/gl/novas/Centros-de-Betanzos-Mondonedo-e-Ferrol-conseguen-os-premios-do-II-Torneo-de-Robotica-da-Escola-Universitaria-Politecnica/

O Proxecto Rebinxe dos alumnos de 1º e 2º de BAC do IES San Rosendo gañador do 1º premio EXPORECERCA Xove e do premio Ciencia en Acción

O Proxecto Rebinxe dos alumnos de 1º e 2º de BAC do IES San Rosendo gañou o 1º premio da súa categoría no certame nacional de investigación escolar EXPORECERCA Xove , a maior feira cintífica para mozos de España,  e o premio Ciencia en Acción.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O IES San Rosendo de Mondoñedo alzouse este sábado co primeiro premio do certame de investigación escolar Exporecerca’19 Jove, que se celebrou o pasado fin de semana en Hospitalet de Llobregat, Barcelona, grazas ao proxecto denominado Rebinxe (Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural). O equipo de oito estudantes viaxara á Exporecerca como premio por gañar a Galiciencia 2018 con ese proxecto.

Competían na maior feira científica de España con máis dun centenar de proxectos de toda España, e outros países como Arxentina, Brasil, Bélxica ou Turquía. Grazas ao primeiro premio conseguido, o ano que vén estarán en Abu Dabi, nos Emiratos Árabes, competindo nunha feira internacional de mozos investigadores. Ademais, o proxecto conseguiu outro premio especial, Ciencia en Acción, que consiste na participación noutra feira en Alacante.

Carmén Pavón Souto Premio Extraordinario de Bacharelato !!!!!!

A alumna do IES San Rosendo Carmen Pavón Souto obtivo un dos Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2017-18

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20181004_premios_bach.pdf

http://xornaldamariña.gal/sociedade/6523-a-mindoniense-carmen-pavon-acada-o-premio-extraordinario-de-bacharelato/

O Proxecto Rebinxe dos alumnos de 1º de Bacharelato do IES San Rosendo gañador absoluto do Galiciencia 2018

Representantes do IES San Rosendo de Mondoñedo, autoras do proxecto gañador da Galiciencia.

 

 

Un equipo de oito estudantes do IES San Rosendo de Mondoñedo, cun proxecto de ciencia cidadá para a recuperación da biodiversidade no rural, foi o gañador absoluto da edición de 2018 de Galiciencia, a maior feira científica escolar de Galicia. A iniciativa, bautizada co nome de “Rebinxe“, foi a mellor valorada polos 40 membros do Foto de familia dos premiados en Galiciencia 2018.xurado entre as 50 propostas finalistas. Como premio, os estudantes de Mondoñedo, representados na feira que tivo lugar na Tecnópole de San Cibrao por Lidia Barreira e María Bouso, recibirán 1.000 euros para financiar a súa participación na Exporecerca 2019 a feira científica de carácter estatal máis prestixiosa.

 http://www.crtvg.es/informativos/un-instituto-de-mondonedo-gana-o-galiciencia-cun-proxecto-sobre-biodiversidade

 

Alumnos dos IES San Rosendo gañan un premio á orixinalidade no concurso de robots da Universidade de Vigo

 

 

Na cuarta edición da Competición de Robots da Escola de Inxeniería Industrial da Universidade de Vigo o equipo ‘Amolou 4’ do IES San Rosendo obtivo o premio á orixinalidade na categoría Wall-E para estudantes de secundaria.

Os rapaces disfrazaron ao robot de tortuga e gañamos por la estética", contou Carmen Doural, profesora de tecnoloxía. 

 

 

Distribuir contido