Concreción Curricular 2023-24

 

Exposición Juana de Vega

Expo Juana de Vega, novembro 2023   

A fundación Juana de Vega trouxo a Mondoñedo a exposición conmemorativa “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872) Facer no século”.

Despois de pasar polo Auditorio Pascual Veiga, o noso centro tivo a sorte de poder desfrutala nos corredores da planta baixa. O concello de Mondoñedo facilitou todos os trámites e encargouse de montala no noso edificio para que toda a comunidade educativa tivese acceso a ela.

Moitas grazas!

Prácticas de procesadora

O noso alumnado de 2º curso de Ciclo Medio Dual de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural desprazouse a Vilapedre a realizar unha pequena práctica cunha procesadora real, aplicando así todo o aprendido no simulador.

Saídas deportivas en novembro

No mes de novembro, alumnado de 3º e 4º de ESO competiu en Viveiro nunha carreira onde puideron poñer a proba as súas capacidades de orientación.

 

Pola súa parte, alumnado de 2º ESO visitou Lourenzá no marco dunha xornada de Xogade centrada na convivencia e práctica deportiva non competitiva nas instalacións de Santa Cruz.

Concurso V Ciberliga Pre-Amateur

O noso equipo finalista da V Ciberliga de Ciberseguridade, modalidade Pre-Amateur xa está competindo en Aranjuez.

Moita sorte! E sobre todo gozade da experiencia!

Editado: Noraboa por ese 12º posto final, un gran mérito logo de competir desde o inicio con máis de 600 equipos!

Saída ás setas

Aínda que o tempo no mes de novembro non foi moi beneficioso para a aparición das setas, o alumnado de PDC, BAC e Ciclos aventurouse na busca dalgún exemplar para expoñer. E aínda algún trouxeron, como podemos ver nas fotos. Polo camiño tamén deron cunha posta de ovos de ra, dando maior valor didáctico á saída, aínda que esta si que quedou evolucionando na poza onde se atopou.
 

Magosto 2023

 

Coma todos os anos este mes de novembro celebramos o Magosto degustando castañas asadas e compartindo

uns bos momentos de compañeirismo e convivencia.

Visita a unha base de helicópteros

O noso alumnado de CS Xestión Forestal e de CM de Aproveitamentos Forestais visitou a base de helicópteros de Marroxo en Monforte de Lemos para coñecer de primeira man esta parte do traballo das brigadas forestais na súa loita contra os incendios no medio natural.

     
Distribuir contido