Plan de consumo de froita nas escolas. Froita fresca nos recreos!
Durante o mes de maio, a partir do vindeiro mércores 3, vaise repartir froita fresca nos recreos. A entrega farana os titores de cada grupo.
Por que froita nas escolas?
O alarmante incremento de cifras de obesidade infantil e enfermidades cardiovasculares en adultos levou á Comisión Europea a formular un plan para a promoción de hábitos saudables como o consumo de froita, desde idades temperás.