Vista aérea do IES Plurilingüe San Rosendo

 

   O pasado luns 17 de febreiro os alumnos do CS de xestión forestal e do medio natural do IES San Rosendo de Mondoñedo tiveron unha charla formativa sobre fotografía na cal lles ensinaron un sistema novo moi util para mellorar as presentacións, por exemplo dunha ruta de sendeirismo ou para a interpretación do patrimonio, que consiste nun Drone, isto permite visualizar áreas vistas dende o ceo para asi facerse unha idea de como sería esa ruta, punto, etc.

(autoría do alumno Ángel Gustavo Sordo Lodos)