SEGUNDA XORNADA DE ACTIVIDADES CIENTÍFICAS CON LIFE IN COMMON LAND NO IES SAN ROSENDO DE MONDOÑEDO

FONTE: https://www.lifeincommonland.eu/ga/artigo/segunda-xornada-de-actividades-cientficas-con-life-in-common-land-no-ies-san-rosendo-de-mondoedo

Durante o pasado venres día 1 de abril, técnicos do proxecto LIFE in Common Land visitaron o IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo para continuar co traballo iniciado na visita dos alumnos á Serra do Xistral do día anterior.

 

 

Os datos recolleitos na xornada de campo foron analizados con axuda dos técnicos, completando o día con enriquecedores debates sobre os resultados obtidos do comportamento das mandas de bestas, das especies de flora anotadas nas parcelas de seguimento e da avaliación do Estado de Conservación dos hábitats prioritarios que alberga a Serra do Xistral e a súa conservación.

 

Ademais, os alumnos participantes puideron realizar unha pequena práctica co Sistema de Información Xeográfica libre QGIS, aprendendo ao mesmo tempo sobre as accións de conservación que levan a cabo no marco do proxecto LIFE in Common Land e o seu seguimento.