Skip to Content

muller

Mulleres de cine

20 propostas de cine para o 8 de marzo

´

Biblioxornal 52

Poesía de e para as mulleres

#MeToo

#MeToo é o nome dun movemento iniciado de forma viral como hashtag nas redes sociais en títulooutubro de 2017 para denunciar a agresión sexual e o acoso sexual, por mor das acusacións de abuso sexual contra o produtor de cinema e executivo estadounidense Harvey Weinstein.

A frase foi creada pola activista social Tarana Burke, na rede social Myspace en 2006 formando parte dunha campaña para promover «empoderamento a través de empatía» entre mulleres negras que experimentaran abuso sexual, particularmente nas comunidades desfavorecidas. Burke explicou que se inspirou en utilizar a frase despois de ser incapaz de responder a unha moza de 13 anos que lle confiou que sufrira unha agresión sexual. Burke desexou simplemente poder dicirlle «Eu tamén».x

A actriz Alyssa Milano popularizouna animando ás mulleres a tuitear as súas experiencias para demostrar a natureza estendida do comportamento misóxino: «Se todas as mulleres que foron acosadas ou agredidas sexualmente fixesen un tuit coas palabras "Me too" poderiamos mostrar á xente a magnitude do problema».

Desde entón, o hashtag foi utilizado por máis de 500 000 persoas, entre elas moitas celebridades, foi tuiteado máis de 500 000 veces o 16 de outubro e máis de 4.7 millóns de persoas en 12 millóns de entradas durante as primeiras 24 horas usárono en Facebook.

timeMalia que comezou sendo un hashtag usado por mulleres, algúns homes uníronse coas súas experiencias propias de acoso e abuso, mesmo outros responderon recoñecendo comportamentos propios contra mulleres, creando o hashtag «*HowIWillChange»

Desde o seu comezo en Hollywood, #MeToo estendeuse a outros ámbitos laborais: industria da música, ciencias, política, deporte.... e a máis de 85 países chegando tamén ao Parlamento Europeo cunha sesión monográfica a tal denuncia. O cinema español non puido escaparse e actrices de gran renome recoñeceron a existencia de acoso sexual e/ou explicaron casos nos que elas mesmas sufriron acoso. 

Grazas ao movemento #MeToo, a principios deste ano o colectivo «Time's Up» formado por máis de 300 mulleres relacionadas co cinema e TV que comezou a reunirse en outubro, anunciou a creación dun fondo en Hollywood para axudar a mulleres de calquera estrato social contra o acoso sexual.

 captura

Fontes: 

https://metoomvmt.org

https://en.wikipedia.org/wiki/Me_Too_(hashtag) 

https://es.wikipedia.org/wiki/Me_Too_(hashtag)

 

 

 

Mulleres de Liberia pola Paz

 WOMEN OF  LIBERIA  MASS ACTION FOR  PEACE

 leymah Leymah Gbowee nace na zona central de Liberia. Aos 17 anos mudouse a Monrovia, cando estalou a primeira guerra civil do país. Adestrada para axudar ás persoas a superar o trauma que supón unha guerra, traballou durante a guerra civil cos nenos soldado do exército de Charles Taylor (presidente de Liberia)
    
  En 2002, Leymah Gbowee organizou a Acción Masiva pola Paz das Mulleres de Liberia  (Women of Liberia Mass Action for Peace). Organizou ás mulleres cristiás e musulmás de Monrovia para levar a cabo protestas pacíficas pola non violencia. As integrantes do grupo empezaron a reunirse en lugares públicos (no mercado de peixe) e, sen distinción de etnia nin relixión, vestidas de branco, rezaban conxuntamente en favor da paz.


  A organización dirixe unha declaración de intencións ao Presidente Taylor (quenelle posteriormente será xulgado e condenado por crimes contra a humanidade): "No pasado nós eramos silenciosas, pero despois de ser asasinadas, violadas, deshumanizadas, e infectadas por enfermidades, e vendo aos nosos nenos e as nosas familias destruídas, a guerra ensinounos que o futuro xace en dicir NON á violencia e SI á paz! Non pararemos ata que a paz prevaleza."


   Vestidas con camisetas brancas para simbolizar a paz, e contadas por miles, as mulleres convertéronse nunha forza política contra a violencia e o goberno e lideraron con éxito a petición de paz noutros estados africanos.


    A participación das mulleres no proceso de paz en Liberia é un exemplo de como as mulleres poden contribuír de maneira significativa durante os procesos de paz e na construción das sociedades post-conflito.

    tawO pobo de Liberia ten moito que agradecer ás súas mulleres. Foi a través do movemento feminino pola paz, Women of Liberia Mass Action for Peace, como se puxo fin a unha guerra civil que se saldou con máis de 200.000 vidas e que desprazou a dous terzos da poboación. Miles de mulleres, cristiás e musulmás, manifestáronse unha e outra vez ata que os homes as tiveron en conta.


    En 2011, Leymah Gbowee (traballadora social), Ellen Johnson Sirleaf (presidenta de Liberia) "pola súa batalla non violenta a favor da seguridade das mulleres e do seu pleno dereito na plena participación da obra de construción da paz" xunto a Tawakkul Karman xornalista, política e activista iemení, figura relevante na primavera árabe, gañan o Premio Nobel da Paz

 

En defensa das mulleres

O GULABI GANG: O EXÉRCITO DOS SARIS ROSAS 

   sampat  A comezos de 2006, Sampat Pal, xunto ao traballador social Jay Prakash, cansada dos malos tratos e a discriminación, formou o Gulabi Gang “o exército dos saris rosas”:  un equipo de mulleres que traballan pola xustiza para as mulleres oprimidas e maltratadas, inicialmente formado por 25 mulleres de diferentes idades que desafiaron o poder dos homes. Vestidas con saris rosas e levando o lâthi (unha vara ou bastón tradicional de bambú utilizado polos pastores) como autodefensa, van de pobo en pobo falando ás mulleres pobres e analfabetas dos seus dereitos.


    O propósito principal das guerreiras de Gulabi Gang é empoderar ás mulleres. O apoio mutuo e a formación constante, resulta esencial. “As casas nas que vivimos tamén son nosas e temos dereito a sentirnos libres nelassari


     Apoian a independencia das mulleres mediante pequenos negocios no sector téxtil. Desta forma, non dependen economicamente dos seus maridos. O diñeiro que gañan é froito do seu esforzo e capacidades. “Defendemos a autodefensa sempre que a consideremos necesario. Non somos violentas, pero hai ocasións nas que non nos deixan outra alternativa


   Sampat é amada e admirada polas castes baixas e odiada polas superiores e os funcionarios do estado. “A autoridade non me impresiona. O lâthi levámolo para facernos respectar, a verdadeira arma é que estamos unidas.” “Unha muller soa non pode facer nada, pero moitas mulleres unidas poden reverter a situación”.


    O Gulabi Gang defende a todas as vítimas de inxustiza, en especial as mulleres, que están desvalidas fronte á violencia exercida polos homes: acoso, tortura, violación... A familia de Sampat comparte a súa loita mesmo a pesar de ser ameazada de morte e ter que abandonar o seu pobo e casa.


  grupo O seu traballo céntrase na loita contra a corrupción, a redistribución de terras, o  emprego rural ou a cartilla de alimentos para os máis pobres entre outros. Promove talleres de costura, fabricación de abonos naturais, produción de algodón con rocas para que as mulleres poidan ter unha vida digna e ser independentes.


     O servizo comunitario  inclúe a dotación de alimentos e gran aos poboadores das zonas rurais, pensións para viúvas que non teñen os medios económicos para enfrontar a súa vellez e axudar a previr o abuso de mulleres e nenos. A dote, a violación, os matrimonios de nenos, a violencia doméstica, os abuso de menores e o acoso sexual, entre outros, son algúns dos temas denunciados polo grupo.

 

Pintura galega de mulleres

Esculturas de mulleres

Distribuir contido


by Dr. Radut