Skip to Content

Día Internacional da Lingua Materna 2024

As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de maneira sostible. Con todo, a diversidade lingüística enfróntase a cada vez máis ameazas pola desaparición dun maior número de linguas. Na actualidade, o 40% da poboación mundial carece de acceso á educación na súa lingua materna, cifra que supera o 90% en determinadas rexións. Os estudos destacan os beneficios de utilizar as linguas maternas dos alumnos na educación, xa que fomentan mellores resultados de aprendizaxe, a autoestima e a capacidade de pensamento crítico. Este enfoque tamén favorece a aprendizaxe interxeracional e a preservación cultural.

Todos os 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna subliña o papel das linguas na promoción da inclusión e a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel.

O tema deste 2024 céntrase nas políticas de educación plurilingüe: "Educación multilingüe: un piar da aprendizaxe interxeracional", como ferramenta crucial para unha educación inclusiva e a preservación das linguas indíxenas. Os estudantes ao iniciar a educación na súa lingua materna e introducir gradualmente outras linguas, eliminan as barreiras entre o fogar e a escola, o que facilita unha aprendizaxe eficaz.

A educación multilingüe non só promove sociedades inclusivas, senón que tamén axuda a preservar as linguas non dominantes, minoritarias e indíxenas. É unha pedra angular para lograr un acceso equitativo á educación e ás oportunidades de aprendizaxe permanente para todas as persoas.

As linguas, coas súas complexas implicacións para a identidade, a comunicación, a integración social, a educación e o desenvolvemento, teñen unha importancia estratéxica para as persoas e para todo o planeta. Con todo, debido aos procesos de globalización, cada vez están máis ameazadas ou desaparecen por completo. Cando unha lingua desaparece, tamén o fai  unha parte do rico tapiz de diversidade cultural do mundo. E, de igual xeito, perdemos oportunidades, tradicións, memoria, modalidades únicas de pensamento e expresión, recursos valiosos para garantir un futuro mellor.

Cada dúas semanas desaparece unha lengua, desaparición que leva consigo todo un patrimonio cultural e intelectual. Polo menos o 43% das 6000 linguas que se calcula falamos no mundo están en perigo de extinción. Só uns centenares de linguas teñen realmente cabida nos sistemas educativos e no dominio público, e menos dun centenar utilízanse no mundo dixital.

As sociedades multilingües e multiculturais existen grazas ás súas linguas, que transmiten e preservan de forma sostible os coñecementos e as culturas tradicionais. Por iso, debemos coidar de todas as linguas.

O multilingüismo é un factor esencial da comunicación harmoniosa entre os pobos, facilitador da diplomacia multilateral e favorecedor do diálogo, a tolerancia e o entendemento.

Fonte: https://www.un.org/es/observances/mother-language-day

Data: 
Lun, 19/02/2024 - 19:46


page | by Dr. Radut