Skip to Content

NOVIDADES E CALENDARIO FINAL DE CURSO

 

 

NOVIDADES E CALENDARIO NOS CURSOS DA ESO

Este curso introducíronse por parte da Consellería algunhas novidades importantes na ESO, como a desaparición dos exames de setembro (convocatoria extraordinaria) e certas modificacións neste tramo final do calendario escolar.

Así, rematadas hoxe as sesións de avaliación do terceiro trimestre:

  • Boletíns: mañá 10 de xuño será entregado a todo o alumnado da ESO o boletín de cualificacións, que estará tamén dispoñible para as nais/pais a través de Abalar a partir das 16.00 h.
  • Clases: infórmase de que as clases continúan con normalidade para TODO o alumnado, con actividades tanto de reforzo e ampliación como de preparación das recuperacións daquelas partes da materia non superadas, prolongándose ata o mércores 22 de xuño, último día lectivo do curso.
  • Recuperacións: se ben todo o período entre o 6 e 22 de xuño é avaliable, entre os días 20 e 22 o alumnado con partes por recuperar terá as últimas probas de recuperación.
  • Avaliación final: rematadas xa as clases, as sesións de avaliación final por parte do profesorado faranse os días 23 e 27 de xuño.
  • Boletíns con cualificacións definitivas. Os boletíns coas cualificacións definitivas do curso entregaranse ao alumnado, na súa aula de referencia, o día 28 de xuño, ás 10.00 h. achegándose tamén aos responsables por Abalar ás 16.00 h. dese mesmo día.
  • Reclamacións: os días 28 e 29 son os días habilitados para solicitar revisión das probas e, no seu caso, presentar reclamación formal (na Secretaría, de 9.00 a 14.00 h).

NOVIDADES E CALENDARIO EN 1º DE BACHARELATO

Este curso introducíronse por parte da Consellería algunhas novidades importantes tamén no Bacharelato, con desaparición dos exames de setembro, pero NON da convocatoria extraordinaria, que pasa a realizarse entre os días 20 e 22 de xuño. Así, rematadas hoxe as sesións de avaliación do terceiro trimestre e ordinaria:

  • Boletíns: mañá 10 de xuño será entregado a todo o alumnado de 1º Bacharelato, o boletín de cualificacións, que estará tamén dispoñible para as nais/pais a través de Abalar a partir das 16.00 h.
  • Clases: infórmase de que as clases continúan con normalidade para TODO o alumnado en TODAS as materias, con actividades tanto de reforzo e ampliación como de preparación das recuperacións daquelas partes da materia non superadas (de ser o caso), prolongándose ata o mércores 22 de xuño, último día lectivo do curso. 
  • Recuperacións (convocatoria extraordinaria): se ben todo o período entre o 6 e 22 de xuño é avaliable, entre os días 20 e 22 terá lugar a convocatoria extraordinaria para o alumnado con materias suspensas, cun calendario de exames establecido ao efecto pola Xefatura de Estudos e que se dará a coñecer na vindeira semana. 
  • Avaliación extraordinaria: rematadas xa as clases e estas probas extraordinarias, as sesións de avaliación extraordinaria por parte do profesorado faranse os días 23 e 27 de xuño.
  • Boletíns con cualificacións definitivas. Os boletíns coas cualificacións definitivas do curso entregaranse ao alumnado, na súa aula de referencia, o día 28 de xuño, ás 10.00 h. achegándose tamén aos responsables por Abalar ás 16.00 h. dese mesmo día.
  • Reclamacións: os días 28 e 29 son os habilitados para solicitar revisión das probas e, no seu caso, presentar reclamación formal (na Secretaría, de 9.00 a 14.00 h).

NOVIDADES E CALENDARIO EN 2º DE BACHARELATO

Este curso introducíronse por parte da Consellería algunhas novidades importantes tamén no Bacharelato, con desaparición dos exames de setembro, pero NON da convocatoria extraordinaria, que pasa a realizarse entre os días 20 e 22 de xuño. Así: 

  • Graduación/despedida: o venres 10 de xuño, ás 19.00 h, na Praza da Estrela (porto fluvial do Miño), terá lugar o acto de despedida e entrega de orlas para todo o alumnado de 2º Bacharelato.
  • Clases: infórmase de que as clases continúan con normalidade para o alumnado con materias suspensas, sendo o período comprendido entre o 18 de maio e o 22 de xuño un prazo de tempo para a preparación xunto ao seu profesorado das probas de recuperación a afrontar entre o 20 e o 22.  Polo tanto, neste período, terase en conta a asistencia a clase, a realización de tarefas e as posibles probas que se fagan, e non só os exames dos días 20 a 22. O alumnado aprobado pero que desexe preparar as probas ABAU pode igualmente asistir a clase.
  • Recuperacións (convocatoria extraordinaria): se ben todo o período entre o 18 de maio e 22 de xuño é avaliable, entre os días 20 e 22 terá lugar a convocatoria extraordinaria para o alumnado con materias suspensas, cun calendario de exames establecido ao efecto pola Xefatura de Estudos e que se dará a coñecer na vindeira semana. 
  • Avaliación extraordinaria: rematadas xa as clases e estas probas extraordinarias, as sesións de avaliación extraordinaria por parte do profesorado faranse o día 23 de xuño.
  • Boletíns con cualificacións definitivas. Os boletíns coas cualificacións definitivas do curso entregaranse ao alumnado, na súa aula de referencia, o día 27 de xuño, ás 10.00 h., pero achegaranse xa por Abalar aos responsables ás 22.00 h. do día 23 de xuño, unha vez rematadas as avaliacións.
  • Reclamacións: os días 27 e 29 son os habilitados para solicitar revisión das probas e, no seu caso, presentar reclamación formal (na Secretaría, de 9.00 a 14.00 h).

Ante calquera dúbida, poden contactar do equipo directivo a través do teléfono ou enderezo electrónico do IES.

 

AdxuntoTamaño
CALENDARIO FIN CURSO ESO.pdf62.51 KB
CALENDARIO FIN CURSO 1BAC.pdf62.71 KB
CALENDARIO FIN CURSO 2BAC_0.pdf64.49 KB


page | by Dr. Radut