Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico
O luns 30 de maio publicouse no DOG a Orde do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021-2022. As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través da aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/, código de procedemento ED311D).
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación comezou o día 31 de maio de 2022 e rematará o día 30 de xuño de 2022.
Máis información nesta ligazón.