Febreiro 2020
Non teño que tocarte
para poder verte.
Non teño que ulirte
para saberte triste.
Non teño que amarte
para deixarte ir.
Non preciso ouvirte
para saber que non has volver.
Non te necesito
para que respires.
Pero non mo negues nunca máis…
é amor.
Pilar G. Rego (Teo, 1966), in
Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros, Xerais, Vigo, 2019, páx. 17 (52 pp.)