Skip to Content

Mulleres pontevedresas

No club de lectura de inglés o alumnado leu o libro “Fantastically Great Women Who Changed The World.” Neste libro escrito por Kate Pankhurst, descendente de Emmeline Pankhurst, fálase  sobre mulleres que realmente cambiaron o mundo: Frida Kahlo, Rosa Parks, Amelia Earhart, Mary Seacole, Marie Curie, Emmeline Pankhurst….

Desde exploradores ata artistas, desde científicos ata axentes secretas. Emmeline Pankhurst nun formato inusual que lembra o estilo da banda deseñada fala  das nais, irmás e fillas máis relevantes da historia; todas as iconas independentes que realmente cambiaron o mundo.

O alumnado de 1º de E.S.O., os grupos C e D, nos que hai presente alumnado do club de lectura, fixeron unha emulación do libro co seu propio estilo usando a aplicación Canva pero neste caso escolleron figuras relevantes da BOA VILA.

Estas mulleres aparecen no Mural Historia de Mulleres Pontevedresas, sito na rúa Poza do Cano. No mural están representadas Amalia Álvarez, Cándida Otero, Carmen Durán, Chichana Patiño, Cinta Rey, Clara López “Clarita”, Concepción Arenal, Consuelo Acuña, Custodia Gama, Daría González, Dolores Trabado, Dolores Calviño “a señora Lola”, Elvira Lodeiro, Ernestina Otero, Isabel Barreto, Josefina Arruti, Leonor González “Nené”, María Vinyals, María del Carmen del Valle, María Luisa Olañeta, María Victoria Moreno, Mercedes Ruibal e Vasquida García.

Fonte da imaxe:  https://www.nosdiario.gal/articulo/social/pontevedra-inaugura-gran-mural-feminista-visibiliza-mulleres-historia/20190612234226080744.html 

E fixeron os seus pósteres traducidos ao inglés. Velaquí o resultado: https://youtu.be/zu-3r6l0Alc



page | by Dr. Radut