Skip to Content

Aire libre e deporte

O pasado luns 19 de xuño, o alumnado de 3º ESO achegouse a Tui para realizar dúas actividades deportivas ao aire libre: unha pedalada pola vía verde á beira do Miño portugués e a volta en kayak polo río ata Tui. 

Foi un día para celebrar o fin de curso de xeito san e divertido. As fotos mostran a un alumnado contento e tamén canso ao final do día.

Pica no álbum para ver as fotos

Álbum: Viaxes didácticas -> Actividades deportivas en Tui


album | by Dr. Radut