“Herbiñas de San Xoán, librádeme de todo mal”
O alumnado de 1º de ESO B e o alumnado de 1º ESO C , acompañados das súas titoras visitaron esta semana o noso horto escolar para coñecelo e achegarse a recoñecer as herbas de San Xoán e a súa tradición.
A actividade consistiu nunha previa preparación en clase de lingua galega do tema “As herbas de San Xoán”, nome, utilidades e uso para a elaboración do cacho de San Xoán, maxia e tradicións na noite máxica e lecturas e refráns relacionados. Completouse coa visita ao horto onde a profesora de bioloxía Antía e os horteláns Anxo e Paco lles explicaron e amosaron cada herbiña e como recoñecela.
Tamén recolleron uns amorodos do horto que a rapazada comeu e desfrutou; algúns deles e delas xa se apuntaron para seren horteláns axudantes o vindeiro curso.
Pica na foto para ver o álbum