Skip to Content

Visitando os xulgados

O pasado venres 15 de novembro, o grupo de 2º Bacharelato D, acompañado polas súas profesoras Conchi Díaz e Cristina González, puido comprobar o funcionamento real da xustiza, grazas á amabilidade do xuíz Miguel Aramburu.

Presenciaron varios xuizos nos que as testemuñas "teñen" a obriga de dicir a verdade, pero logo comprobamos que a verdade ten diferentes caras...

Foi unha xornada longa, que rematou ás 14:30 horas, durante a que o alumnado "aprendeu moitas cousas". Para algúns, como Jaime González, foi unha actividade entretida, orixinal, didáctica e especialmente útil para os que estean pensando en estudar dereito ou algo relacionado.  
Grazas ao xuíz Miguel Aramburu pola súa atención, amabilidade e paciencia.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Curso 24/25 -> Visitando os xulgados


album | by Dr. Radut