Skip to Content

O dragón de ouro, por Sarabela Teatro

O alumnado de 1º bacharelato asistiu o xoves 7 de novembro á representación da obra teatral "O dragón de Ouro" da compañía Sarabela Teatro.

A representación desenvólvese durante unha noite nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa: un mozo chinés sofre unha forte dor de moa na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés-Chinés-Vietnamita, O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia, nin cartos e non pode ir ao dentista. Os compañeiros deciden arrincarlla. Ademais, o mozo tampouco atopa a súa irmá desaparecida. No edificio viven moitos veciños que comparten diferentes historias. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Curso 24/25 -> O dragón de ouro


album | by Dr. Radut