O pasado martes 12 de marzo, o escritor Carlos Negro asistiu a unha sesión do Club de Lectura de Familias para conversar sobre o seu libro de poesía "O tempo dos lagartos", unha obra na que trata o tema da adolescencia desde a perspectiva dos pais e nais. Os poemas están empapados das emocións e sentimentos que xenera ese tempo de tensións familiares: amor, incomprensión, ternura, soidade, confrontacións...a transición entre a infancia e o tempo adulto. A muda dos lagartos.
https://www.farodevigo.es/pontevedra/2024/03/13/poeta-carlos-negro-protagoniza-club-99405108.html
Pica na foto para ver o álbum