O alumnado de 1º TSEASD que recibe clases no CGTD, acudiu a unha sesión de esgrima co seu profesor Marcos Fandiño Reissmann. O director da Escola Hungaresa de Esgrima (Adrián Cubela) realizou unha aproximación e iniciación ao deporte orixinal, diferente e inclusivo de implemento. Varios alumnos manifestaron o seu interese por este deporte que non coñecían e, concretamente un deles, empezará a adestrar co devandito club coa intención de quedar de monitor a medio-longo prazo.
A época de Nadal permitiu tamén gozar e coñecer o deporte do patinaxe sobre xeo, xa que é o único momento no que se montan este tipo de pistas en Pontevedra.
Tanto Esgrima como Patinaxe sobre Xeo son dúas actividades que están asociadas a dúas materias impartidas neste ciclo polo profesor Marcos Fandiño Reissmann.
E como colofón á práctica destas actividades, o alumnado foi convidado por Pablo Hinojar (adestrador da selección española de Ximnasia Deportiva), que se atopaba traballando durante uns días no CGTD, a asistir ao seu entrenamento.
Estes futuros Técnicos Superiores en Animación Socio-Deportiva están recibindo e aplicando unha formación que os mantén activos e ilusionados.
Pica na foto para ver o álbum