Resultados da busca de imaxes - "negocio,"
|
Almanaque23 vistasNas cociñas das aldeas galegas é onde se fai a vida diaria: comer, ver a tele, botar a sesta no banco, falar dos problemas... E na cociña sempre hai un ou dous almanaques. En moitas casas vese que o almanque que regula a vida durante o ano é o que agasalla a funeraria de confianza. Non dá grima, non é mal presaxio, todo o contrario, sábese que en calquera momento se necesita. Ata hai pouco a iconografía era un santo, unha inmaculada, un sagrado corazón... agora chegou a modernidade, dous gatiños.
|
|
Escaparate do mes de novembro de "lamarsalada"7 vistasOrixinal escaparate dunha tenda de roupa para xente xoven. A morte colle tintes humorísticos.
Hai unha certa estética da morte que anda a pegar forte entre un sector da mocidade.
|
|
Escaparate. Camiseta20 vistasEsta é a camiseta que aparece no escaparate do comercio "lamarsalada" de Pontevedra, contendo a lenda: "está morrendo xente que nunca morrera"
Pontevedra, novembro de 2008
|
|
Esquelas portuguesas24 vistasEsquelas de conmemoración.
Portugal
Marzo, 2009
|
|
Esquela53 vistasEsquela de conmemoración.
Portgal.
Marzo, 2009
|
|
Esquelas portuguesas37 vistasTodas moi uniformes e todas con foto. A salientar a que aparece co nome destacado de Café Nevoeiro no lugar do nome do defunto. Repítese o mesmo na esquela inferior. Estes son exemplos de esquelas nas que se aproveita para publicitar algo.
Diário de Notícias do 14-11-08
|
|
Esquelas37 vistasEsquelas nun escaparate de Vilareal. Portugal
Marzo, 2009
|
|
Respecto dos vivos polos mortos 427 vistasE na rúa cercana hai varias funerarias, o expositor é xa de calidade
|
|
Soporte especial par notas necrolóxicas 15 vistasNa vila de Chantada estaban as vidreiras dos comercios e as paredes cheas de esquelas, por iso o concello previsor instalou estes expositores na rúa máis transitada, tiven que agardar un pouco para facer a foto, había varias mulleres consultando as esquelas (é tanta a importancia das notas necrolóxicas na prensa local, que en Chantada hai xente que lles chama, só notas)
Chantada, Decembro 2008
|
|
Soporte especial par notas necrolóxicas 24 vistasMais a/o galego/a concilia perfectamente vida e morte, ledicia e tristuta. Polo que é recomendable ver completo o expositor
Chantada, 29 de Decembro 2008
|
|
|
|
10 ficheiros en 1 páxina(s) |
|