Eventos
Representación da obra de teatro "Miss Docet" de María Reimóndez e Iria Pinheiro no Teatro Principal. Asistirá o alumnado dos Clubs que existen no centro.
O venres 10 de febreiro, ás 12 horas, no Teatro Principal, o alumnado de 1º bacharelato A e 4º ESO C asistirá á conferencia-coloquio O saber e o sabor das Matemáticas de proximidade de María Elena Vázquez Cendón, doutora en Ciencias Matemáticas pola USC e Premio María Josefa Wonenburguer 2022.
Alumnado de 4º ESO realizará unha saída a Ourense para visitar a catedral acompañada polo profesor de Relixión, Juan García Lorenzo.
Charla das Educadoras/asistentas sociais do Concello de Pontevedra, coa temática "ADICIÓNS CON SUSTANCIAS: AS DROGAS.”, no curso 3º E.S.O. – C.G.T.D. Organiza o Departamento de Orientación.
Un ano máis celebramos o noso xa famoso entroido.
O alumnado de 3º ESO A e D recibe un obradoiro de sexualidade organizado pola orientadora María Luisa Gayoso.
O alumnado de 3º ESO B recibe un obradoiro de sexualidade organizado pola orientadora María Luisa Gayoso.
O Club Contra o Cambio Climático fará unha performance para acompañar a entrada ao instituto. Colgaremos unha "cortina" de envases e recibiremos ao alumnado con pancartas e máscaras feitas con materiais reciclados.
O alumnado de PDC e 4º ESO de Bioloxía realizará unha saída a A Coruña para visitar a Casa das Ciencias e a Domus. Organiza María Rey e Beatriz Trillo. Profesorado acompañante: María Rey, María Jesús Torres, Beatriz Trillo, Marga Torres e Alexandre Fernández.
Actividade do Plan Director organizado polo Xefe do Departamento de Orientación, Adolfo Barreiro Huerga para o alumnado de 1º ESO C e D.
O alumnado de 1º ESO asistirá á representación teatral da obra de Fina Casalderrey titulada "A consulta do Dr" que pon sobre as tablas o grupo de alumnado senior da UNED de Pontevedra, dirixido por Hugo Andrade Padín.
Carreira de orientación na Illa das Esculturas. Os profesores acompañantes son: Margarita Torres Neira (EF), Alexandre Fernández Peón (Lingua Galega), Ana Gómez Gallego (Lingua Galega).
O alumnado de ESO acudirá por turnos ás Ruinas de santo Domingo, lugar dende onde realizarán unha carreira polo recorrido especificado. Coordina a actividade Josevi Cimadevila co alumnado de 2º TSEASD.
O alumnado de EPVA de varios niveis realizará un mural na entrada ao patio e decorará unhas bolsas de tela na aula de Plástica. Actividade coordinada pola profesora Aina Climent.
Charla a cargo das Educadoras/asistentas sociais do Concello de Pontevedra coa temática no curso 3º E.S.O. E (C.G.T.D.), dende as 12:40 ás 13:30 (titoría).
Actividade do Plan Director organizado polo Xefe de Departamento de Orientación, Adolfo Barreiro Huerga, para o alumnado de 3º e 4º ESO do CGTD.
Saída para visualizar os aspectos organizativos e protocolarios na presentación do equipo deportivo Supermercados Froiz. O profesor coordinador é José Victor Cimadevila G. e a actividade está dirixida ao alumnado de 2º TSEASD.
Actividade do Plan Director organizado polo Xefe de Departamento de Orientación, Adolfo Barreiro Huerga, para o alumnado de 2º ESO A e B.
Charla sobre igualdade para os grupos de 4º ESO promovida por Conchi Díaz a través do Concello.
Actividade do Plan Director organizado polo Xefe de Departamento de Orientación, Adolfo Barreiro Huerga, para o alumnado de 2º ESO C e D.
O alumnado de 4º ESO A realizará un roteiro literaio coa profesora Anxos Rial.
O alumnado de 4º ESO D reallizará un roteiro literario. Profesorado acompañante: Alexandre Fernández e Ana Gallego, profesores de Lingua Galega.
Charlas a cargo das Educadoras/asistentas sociais do Concello de Pontevedra coa temática 3º SESIÓN. ADICCIÓNS SEN SUBSTANCIAS: OS RISCOS DAS TIC”, no curso 3º E.S.O. C.G.T.D.
4 alumnos de 2º bacharelato van á facultade de Xeografía e Historia para participar na Olimpiada en Xeografía de Galicia. Acompaña o profesor Humberto Martínez Gargamala.
Charla de Alba Cuba sobre "A muller no deporte" ao alumnado de 3º ESO E, 4º ESO E e 1º bacharelato E no CGTD. esta charla está encadrada dentro dos actos que se celebrarán en torno ao Día da muller traballora. Organiza María Gómez, profesora do Departamento de Lingua Galega.
Visita ao campus de Pontevedra (Facultades de Forestales, Deporte e Fisioterapia, Comunicación e Educación) para o alumnado de 2º bacharelato E (CGTD).
Charla a cargo das Educadoras/asistentas sociais do Concello de Pontevedra coa temática “1º SESIÓN. ADICIÓNS CON SUSTANCIA: AS DROGAS.”, no curso 4º E.S.O. – C.G.T.D.
Charla a cargo do orientador coa temática: "Qué opción hai despois de 2º bach?”, para 2º bach.