Eventos
Antonio Gondariz, técnico de ambulancia, acude ao centro para realizar un obradoiro sobre primeros auxilios co alumnado de 1º ESO B no pavillón. Coordina a actividade Marta Mera Carrión.
Este venres, 3 de febreiro, o alumnado de Oratoria de 3º ESO realizará unha saída ao Mercado de Abastos de Pontevedra para preguntar a compradores y vendedores sobre as características da súa alimentación. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto "Aliméntate ben".
O alumnado de 1º ESO B asistirá a unha charla sobre ciberseguridade a cargo de Belén Pérez , coordinadora del CCI in Galicia. Esta charla está organizada pola Deputación de Pontevedra.
Representación da obra de teatro "Miss Docet" de María Reimóndez e Iria Pinheiro no Teatro Principal. Asistirá o alumnado dos Clubs que existen no centro.
O venres 10 de febreiro, ás 12 horas, no Teatro Principal, o alumnado de 1º bacharelato A e 4º ESO C asistirá á conferencia-coloquio O saber e o sabor das Matemáticas de proximidade de María Elena Vázquez Cendón, doutora en Ciencias Matemáticas pola USC e Premio María Josefa Wonenburguer 2022.
Alumnado de 4º ESO realizará unha saída a Ourense para visitar a catedral acompañada polo profesor de Relixión, Juan García Lorenzo.
Charla das Educadoras/asistentas sociais do Concello de Pontevedra, coa temática "ADICIÓNS CON SUSTANCIAS: AS DROGAS.”, no curso 3º E.S.O. – C.G.T.D. Organiza o Departamento de Orientación.
Un ano máis celebramos o noso xa famoso entroido.
O alumnado de 3º ESO A e D recibe un obradoiro de sexualidade organizado pola orientadora María Luisa Gayoso.
O alumnado de 3º ESO B recibe un obradoiro de sexualidade organizado pola orientadora María Luisa Gayoso.
O Club Contra o Cambio Climático fará unha performance para acompañar a entrada ao instituto. Colgaremos unha "cortina" de envases e recibiremos ao alumnado con pancartas e máscaras feitas con materiais reciclados.
O alumnado de PDC e 4º ESO de Bioloxía realizará unha saída a A Coruña para visitar a Casa das Ciencias e a Domus. Organiza María Rey e Beatriz Trillo. Profesorado acompañante: María Rey, María Jesús Torres, Beatriz Trillo, Marga Torres e Alexandre Fernández.
Actividade do Plan Director organizado polo Xefe do Departamento de Orientación, Adolfo Barreiro Huerga para o alumnado de 1º ESO C e D.
O alumnado de 1º ESO asistirá á representación teatral da obra de Fina Casalderrey titulada "A consulta do Dr" que pon sobre as tablas o grupo de alumnado senior da UNED de Pontevedra, dirixido por Hugo Andrade Padín.
Carreira de orientación na Illa das Esculturas. Os profesores acompañantes son: Margarita Torres Neira (EF), Alexandre Fernández Peón (Lingua Galega), Ana Gómez Gallego (Lingua Galega).
O alumnado de ESO acudirá por turnos ás Ruinas de santo Domingo, lugar dende onde realizarán unha carreira polo recorrido especificado. Coordina a actividade Josevi Cimadevila co alumnado de 2º TSEASD.
O alumnado de EPVA de varios niveis realizará un mural na entrada ao patio e decorará unhas bolsas de tela na aula de Plástica. Actividade coordinada pola profesora Aina Climent.
Charla a cargo das Educadoras/asistentas sociais do Concello de Pontevedra coa temática no curso 3º E.S.O. E (C.G.T.D.), dende as 12:40 ás 13:30 (titoría).
Actividade do Plan Director organizado polo Xefe de Departamento de Orientación, Adolfo Barreiro Huerga, para o alumnado de 3º e 4º ESO do CGTD.