Eventos
O alumnado de 1º bacharelato realizará unha viaxe a Atapuerca (Burgos) co profesorado de Filosofía para coñecer as orixes do home.
Como todos os anos por estas datas, volve abrirse unha dimensión descoñecida no Sánchez Cantón que se manifesta na aparición do túnel do terror, que poderá ser visitado por todo o alumnado da ESO.
Esta actividade está organizada polo alumnado de 2º TSEASD e coordinada polo profesor José Víctor Cimadevila.

O alumnado de 2º ESO que cursa a materia de Relixión realizará unha visita á catedral e cidade de Ourense, acompañado polo seu profesor, Juan García Lorenzo.
Os membros dos Equipos de Axuda de 1º e 2º ESO escollidos polos seus compañeiros e compañeiras, asistirán ás Xornadas de Formación que todos os cursos organiza a Coordinadora de Convivencia, María Buceta Fernández.
O departamento de EF, vai celebrar unha actividade de inclusión con 2º curso do ciclo de TSEASD, onde a educadora Irene Gesto vai realizar unha sesión teórica-practica sobre a discapacidade visual, co alumnado no pabellón do CGTD.
Os membros dos Equipos de Axuda de 1º e 2º ESO escollidos polos seus compañeiros e compañeiras, asistirán ás Xornadas de Formación que todos os cursos organiza a Coordinadora de Convivencia, María Buceta Fernández.
O alumnado de 1º ESO asistirá a un obradoiro de regueifa que se realizará no paraninfo do centro. Esta actividade está organizada polo EDLG.
O alumnado de 2º ESO asistirá a un obradoiro de regueifa que se realizará no paraninfo do centro. Esta actividade está organizada polo EDLG.
O alumnado de 3º ESO A e 3º PDC asistirá a un obradoiro de regueifa que se realizará no paraninfo do centro. Esta actividade está organizada polo EDLG.
A escritora Ledicia Costas dará unha charla no paraninfo para o alumnado de 2º ESO, sobre as 2 lecturas que propuxeron o Departamento de Lingua Castelá e Lingua Galega: La vida secreta de las mujeres planta e Unha estrela no vento.
Organiza a Biblioteca Charo Sánchez-Gabriel.
O alumnado de 4º ESO C verá o documental "Dores" de Coral Piñeiro na súa aula, e posteriormente realizarán un coloquio coa autora.
Alumnado de 1º bacharelato A asistirá á entrega de Premios Ernestina Otero ao que opta o noso centro polo traballo sobre a memoria histórica que realizan desde o Departamento de Lingua Galega.
O alumnado de 2º bacharelato E e Literatura Universal de 1º bacharelato, está convidado a asistir á presentación do libro Noches do poeta e querido exalumno deste centro, Alfredo Marques.
Dúas charlas en dúas sesións de Pinto e Maragota, organizadas polo EDLG en colaboración co Concello de Pontevedra.
Asiste todo o alumnado do Comité de Igualdade.
O alumnado de CI e EDLG asistirá á obra "Cariño" que se representará no Teatro Principal.