Peculiaridades do dó na infancia

O seu concepto da morte é animista, é dicir, tenden a crer que os mortos poden seguir pensando e sentindo, ou sexa, conservan a funcionalidade.

Non entenden a morte de forma universal, eles non teñen por que morrer se son o suficientemente bos esquivándoa.

Reaccionan ante a perda con choro e moi frecuentemente con ira inusual, con regresións a etapas anteriores do desenvolvemento.

É habitual que se crean os causantes da morte do seu ser querido, por iso para evitar o sentimento de culpa hai que explicarlles que a causa da morte é allea ao seu comportamento e facerlles comprender que fagan o que fagan esa persoa non pode volver.

Enseguida percibe que algo raro está pasando e que ten incidencia nel, convén, pois, falarlle canto antes e facerlle ver que se lle segue querendo e que estará atendido.

Aclararlle que o que provocou a morte desa persoa non ten que afectarlle a el nin aos seus outros familiares, que aínda que todos teñen que morrer a morte non lles está axexando.

 



 



 "... Vexo unha correlación importante entre a sociedade individualista e a morte, e entre as sociedades relacionais e os mortos..."

 Roberto DaMatta, antropólogo


.

 

 

inicio

q PERDA E DÓ

q A comunicación de perdas

q Fases e tarefas do dó

q Sintomas e conductas asociadas ao dó

q Cousas que axudan

q Que non facer fronte ao dó dos outros

q Escoita activa

q Peculiaridades do dó na infancia

q Peculiaridades do dó adolescente

 

Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM