Perda e dó. Sntomas e conductas asociadas aos periodos de dó.
Princpais síntomas e conductas asociadas aos períodos de dó
Saber o que cabe esperar durante o dó evitará alarmarse ante os síntomas normais e axudará a soportalo ao entendelo como unha fase necesaria de reorganización para continuar a vida con ánimo produtivo e positivo. Por outra banda facilitará a detección de complicacións no duelo e a oportunidade, xa que logo, de solicitar a axuda dun profesional.
Síntomas físicos
Baleiro de estomago, opresión no peito ou garganta, hipersensibilidade ao ruído, sensación de irrealidade, falta de aire, debilidade muscular, falta de enerxía, sequedade da boca, imsomnio.
Sentimentos e síntomas psicolóxicos
Tristeza, rabia, culpa, auto reproche, ansiedade, soidade, fatiga, apatía, indiferenza, impotencia, anhelo, liberación, alivio, insensibilidade.
Síntomas cognitivos
Incredulidade, falta de memoria, dificultades para concentración e atención, alucinacións pasaxeiras, sensación de presenza d@ defunt@.
Conductas asociadas Trastornos na conducta alimentaria, dificultades para durmir, soñar coa persoa perdida, buscar e chamar por ela, suspiros de seguido, pranto, illamento, hiperactividade, provisión de obxectos e recordatorios d@ felecid@, evitación destes.
"... Vexo unha correlación importante entre a sociedade individualista e a morte, e entre as sociedades relacionais e os mortos..."
Roberto DaMatta, antropólogo
q Sintomas e conductas asociadas ao dó
q Que non facer fronte ao dó dos outros
q Peculiaridades do dó na infancia
q Peculiaridades do dó adolescente