Cruces de madeira nos camiños.

Dicía o meu avó materno que moitas destas cruces eran porque alí mataran alguén (na guerra ou por problemas persoais). Tamén se poñía unha cruz cando alguén finaba de paso nun camiño. Entón mentres non chegaban as autoridades os veciños da parroquia onde se producira a morte tiñan que facer quendas para velaren o cadáver (de 2 horas).

A cruz máis importante é a da parroquia. A cruz non sae dos límites da parroquia, cando ten que pasar un defunto pola parroquia a cruz vai esperalo ao límite e despídeo onde empeza outra parroquia volvendo á súa igrexa.
Meu pai dicía que cando morría alguén nun camiño poñían unha cruz porque se morres dunha desgraza ou fóra da casa suponse que non che puxeron a Extrema Unción (extremaución), e por iso poñían a cruz para axudar a ir ao ceo.
Xa sabedes que é iso da Extrema Unción. Xa teño comprobado que en casos de xente maior crente cando vén o cura e lla pon entran como nun período de máis tranquilidade e déixanse ir... Comentan os familiares: antonte/onte veu o cura, púxolle a EU e só durou tanto...
Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM