GLOSARIO
Para ir definindo e precisando
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
A |
---|
B |
---|
Bioética"Las decisiones médicas guiadas en el principio bioético central de la beneficencia deben respetar también otros valores junto con el de la vida. La vida y la libertad, la identidad la integridad, la salud y el bienestar constituyen valores que apareados constituyen la fundamentación de una bioética apoyada en los derechos humanos. La obligatoriedad ética de no dañar es anterior y más importante que la exigencia de promover el bien (“primun non nocere”) y ha sido reconocido como principio bioético (no maleficencia).Cuando la técnica actualmente disponible y aplicada a la medicina, y en este caso el soporte vital, sustituye como medio a los fines se produce una inversión de las metas de la medicina. Esta medicina de hoy, donde la soberanía de los medios se justificarían a sí mismos nos lleva no sólo a que el fin justificaría los medios, sino que puede hasta consentir que la aplicación indiscriminada de algún medio justificara cualquier fin. La traducción de este imperativo tecnológico a la medicina (“porque se puede se debe”), es el sustrato de formas indignas de muerte con sufrimiento, aislamiento y desfiguración ." Dr. Carlos R. Gherardi. | |
C |
---|
CacotanasiaMorte moi penosa a causa dunha prolongación da agonía por medio de técnicas médicas. Recibe tamén o nome de distanasia. Pode ser usado como sinónimo de mala morte. | ||
Célula eucariotaCaracterízase por ter un núcleo rodeado por unha membrana. Son máis grandes e presentan unha maior complexidade que as procariotas. Poden reproducirse de forma asexual ou ben, en organismos complexos como o ser humano, de modo sexual . | |
Célula HeLaA diferenza doutras células de humanos que envellecen e morren logo dunhas 50 divisións, as chamadas células HeLa non se morren, nin sequera envellecen cando se lles prové das condicións necesarias para vivir, ata fóra dun corpo humano, válelles un tubo de ensaio. Son potencialmente inmortais. Parece ser que hai hoxe máis células de Henrietta que as que na súa vida formaban o seu corpo. Ler máis sobre a circunstancias de Henrietta e esta investigación | |
Célula procariotaSon células carentes de núcleo, cunha estructura moi simple, o seu ADN encóntrase no citoplasma onde non se aprecian orgánulos agás os ribosomas. Teñen bastante resistencia ás condicións externas adversas. As bacterias pertencen a este grupo. Considérase que son as células que ao longo dun proceso evolutivo de 1500 millóns de anos deron lugar a outras máis complexas, as células eucariotas, que posibilitaron a multiplicidade de organismos. | |
Claudicación familiarÉ a incapacidade dun, varios ou todos os membros da familia para dar a resposta e coidados axeitados as demandas e necesidades d@ enferm@. A claudicación dos compoñentes da familia non ten por que coincidir no tempo. Existen diferencias dunhas familias a outras. Algúns factores que inciden nas crises de claudicación: O tipo de familia, extensa ou reducida, cando son poucos membros existen poucas posibilidades de relevarse, isto pode verse agravado se existen nen@s pequen@s ou outras persoas dependentes as que atender. Nas familias extensas poden producirse conflitos por discrepancias de criterios ou ideolóxicas sobre a estratexia a seguir coa persoa enferma. A chegada tardía dun familiar afastado espacial ou afectivamente da persoa terminal, que irrompe coas súas críticas, constitúe un desencadeante da crise . Lugar de residencia e contorno. Por regra xeral, no medio urbano as familias contan con pouco apoio de comunidade veciñal, os domicilios non posúen as características espaciais apropiadas para atender ao enfermo. A máxima complicación dáse cando a familia está desprazada do seu medio como nos casos de emigración, ao que hai que sumar as dificultades por idioma e cultura. A proceso da enfermidade, especialmente no momento crítico en que se esgotan os tratamentos curativos. Neste sentido sería de máxima importancia que a intervención de coidados paliativos se producise antes da renuncia ás accións curativas para facilitar á familia e ao paciente esta transición evitando a sensación de desacougo e perda de control total. A experiencias de perdas anteriores. Cando na familia existe alguén que xa tivo esas ou parecidas vivencias pode servir como guía para a aprendizaxe do resto, en especial das xeracións máis novas que se atopan desbordadas pola situación ao carecer de referentes. A carencia total de modelo a seguir e o descoñecemento do que vai suceder favorece a aparición da claudicación. Pódese facer unha tipoloxía da claudicación dependendo do momento da aparición, a duración, a área afectada, número de persoas, causa... | |
Coidadores / coidadorasA miúdo ante unha enfermidade grave ou prolongada aparece a figura do coidador/a principal, é dicir, a persoa que máis tempo pasa co enfermo e que xeralmente ten a resposabilidade de tomar certas decisións á requerimento do equipo médico ou do resto da familia. As persoas que actúan como coidadoras principais teñen que soportar unha enorme sobrecarga tanto psíquica como física polo que cómpre contemplar apoio psicosocial para elas. Nalgunhas Unidades de Paliativos están a darse conta, se ben queda camiño por percorrer, de que a atención médica non pode reducirse ao paciente, senón a unidade familiar que vive o proceso, xa que ademais o estado do/a paciente é inseparable do dos seus seres queridos. Cada familiar necesita ser escoitado en relación a situación que está vivindo e as emocións emparelladas con ela, isto aliviará as tensións familiares asociadas a estas circunstancias. Segundo estudos realizados en 2008 polo Equipo de Soporte de la Unidad de Cuidados Paliativos de Badajoz o 90% dos coidadores principais son mulleres, xeralmente esposas ou fillas. | ||
D |
---|
DistanasiaVéxase cacotanasia. | |
Dó"O dó non é un estado, senón o proceso de experimentar reaccións psicolóxicas, sociais e físicas ante a percepción dunha perda" Esta é a concepción dinámica que recolle C. Poch: La muerte y el duelo en el contexto educativo. PSIQUIATR. Pódese recoñecer, con D. Lagache e M. Hanus, un duelo normal, un duelo complicado e un duelo patolóxico. Se o primeiro resólvese bastante rapidamente, pasando sucesivamente polas fases de angustia, de depresión e de adaptación, grazas aos procesos de desinvestidura, de interiorización e de identificación co obxecto desaparecido, de culpabilidade e logo, de separación final, non sucede o mesmo nos outros dous, que pertencen ao cadro da patoloxía psíquica.
| |