Chan da Ponte, 12 - 36450 - Salvaterra de Miño - Tlfno: 886 110 701 - Fax: 886 110 710 - mail: ies.salvaterra.mino@edu.xunta.es Aula Virtual Correo EDU Portal EDU
IES SALVATERRA DE MIÑO |
|||
Chan da Ponte, 12 - 36450 - Salvaterra de Miño - Tlfno: 886 110 701 - Fax: 886 110 710 - mail: ies.salvaterra.mino@edu.xunta.es Aula Virtual Correo EDU Portal EDU
|
Si eres usuario: Acceso
|
ENCONTRO SOCIOLINGÜÍSTICO, MÚSICA E MOITO MÁIS!!O 29 de abril, alumnado de 3º da ESO do IES de Salvaterra e o CPI de Mondariz van participar nunha xornada de convivencia e traballo sociolingüístico.As actividades -programadas polos equipos de Dinamización Lingüística, Bibliotecas e os departamentos de Lingua e Matemáticas de ambos centros-, dan continuación a unha xornada semellante que tivo lugar o curso pasado no concello de Mondariz.A primeira hora recibiremos o alumnado de Mondariz no centro e xuntaremos os equipos de traballo. A continuación, tomaremos as rúas de Salvaterra para realizar un ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO DO USO DO GALEGO NO SECTOR SERVIZOS.Para isto, imos realizar enquisas nun total de 120 establecementos. Despois reunirémonos na Casa da Cultura, onde dixitalizaremos a información, elaboraremos as estatísticas e realizaremos as reflexións sociolingüísticas pertinentes.Tras unha mañá de traballo intensivo, habemos recuperar folgos cun xantar no parque da Canuda. Enfiaremos así a tarde para achegarnos ao mundo da música contemporánea na nosa lingua, coa actividade que pon o colofón á xornada: GARCÍA MC, vocalista dos Grupos Dios ke te crew (DKTC) e Labregos do Tempo dos Sputniks realizará un obradoiro HIP HOP no noso instituto.Para levar a cabo esta xornada contamos coa total colaboración do Concello de Salvaterra. |
Eventos
|