Roupa deportiva do IES Salvador de Madariaga
Xa está dispoñible a roupa deportiva co logotipo que gañou o concurso convocado polo Departamento de Educación Física.
Na entrada do Instituto están expostos os deseños finalistas e diversas prendas nas que se pode apreciar o excelente resultado desta iniciativa.
Pantalóns, camisetas, xerseis, sudaderas... Unha motivación máis para facer exercicio.
Estas prendas non son de uso obrigado nas actividades deportivas do IES.
Quen estea interesado en adquirilas pode pedir indicacións aos profesores do Departamento de Educación Física.