VIAXE A ANDORRA 2024
A semana do 13 ao 20 de xaneiro un grupo de alumnos e alumnas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO, participaron nunha viaxe á neve. O alumnado participante puido disfrutar das pistas de Grandvalira Resorts, sector Pal-Arinsal. O grupo xunto ao profesorado acompañante pernoctaron en La Massana, fixeron unha visita ao complexo termo-lúdico "Caldea" e tamén visitaron as rúas máis carismáticas de Andorra La Vella.