Skip to Content

CONMEMORACIÓN 25N

Esta mañá, no IES Salvador de Madariaga da Coruña conmemoramos o 25N ou Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Para isto, fixemos un acto no patio en repulsa da violencia no que participou toda a comunidade educativa. O coro do instituto interpretou "Every breath you take" de The police, que trata sobre unha persoa controladora e obsesiva que persegue a unha muller, e o que xa é todo un himno neste día, "A porta violeta de Rozalén", que nos recorda que sempre hai unha saída.
Ademais, durante o acto, léronse distintos testemuños de mulleres reais que no seu momento foron vitimas de violencia e un manifesto feito polo alumnado que condena estes actos. Finalmente, o alumnado de 1° da ESO creou un gran lazo humano (como se aprecia na fotografía) mentres todos gardamos un minuto de silencio en mostra de rexeitamento ante este tipo de comportamentos.

 

 

https://youtu.be/KMtxqbNhiyM?si=OftkoUKSFfPvnJRs



page | by Dr. Radut