PREMIOS LIBRO FUXITIVO
O venres 17 celebramos a festa de despedida da Biblioteca á que asistiron os membros dos Clubs de lectura e os premiados no concurso do Libro fuxitivo. Este concurso consiste en adiviñar o título dunha obra que se encontra na biblioteca a través de pistas de carácter gráfico organizadas polo departamento de Debuxo. Este ano os premiados foron 6 nenos/as que adiviñaron as tres obras propostas ao longo do curso.