Skip to Content

LECTURA MANIFESTO 25N

 

MANIFESTO 25N
“E viviron felices e comeron perdices”. Así rematan moitos dos contos que lemos de pequenos,
onde un príncipe, forte e valente, acaba salvando e bicando a unha débil princesa vestida de rosa.
Pero que é o que vén despois? Hai realmente un final feliz? Non o saberemos nunca. Por isto, temos
que ver o que ocorre nas nosas historias, en cada unha das nosas vidas. As mulleres foron tratadas
durante moitos anos como un obxecto demasiado “inocente” ou “inxenuo” como para ser valoradas
do mesmo xeito que os homes, incluso nos contos infantís. Por iso, é hora de que pensemos en dar
un paso cara adiante para conseguirmos, así, reescribir o final perfecto.
Hoxe, 25 de novembro de 2021 celebramos o Día en contra da violencia de xénero posto que este
tema sigue estando de actualidade nas nosas vidas. Este ano faleceron 37 mulleres en mans da súa
parella que suman un total de 1118 mulleres desde o ano 2003. Pese ao que poidamos escoitar, a
violencia de xénero segue presente nos nosos tempos. É unha chispa sen apagar que pode provocar
un gran lume.
Dicimos non á violencia de xénero porque ninguén ten dereito a pegarlle a ninguén, ningunha
parella ten dereito a maltratarnos polo simple feito de ser a nosa parella, nin física nin verbalmente.
Dicimos non a ter medo polas noites ao volver a casa, porque non importa a hora que sexa nin o
soas que esteamos pola rúa, temos que ser capaces de camiñar sen problema sen mirar atrás, de
chegar a casa sen avisar de que chegamos.
Dicimos non á violencia contra a muller en todas as súas manifestacións. Tanto no cinema, na
literatura, nos videoxogos... as mulleres non son inferiores e, por iso, non deben ser tratadas así.
Non nos gusta que se empregue a violencia contra a muller para chamar a atención en campañas
publicitarias ou nos medios de comunicación. É un tema moi serio co cal non se debe bromear. Non
serve para aumentar audiencias nin serve para entreter.
Dicimos non ás desigualdades entre homes e mulleres. Temos os mesmos dereitos ante as tarefas no
fogar, ante as responsabilidades como nais ou pais, ante os tempos de ocio ou descanso. Non somos
escravas de ninguén nin inferiores a ninguén.
Dicimos non á privación da libertade das mulleres, ás agresións sexuais, as ameazas e a todo tipo de
coacción por parte de calquera persoa. Pois somos defensores da liberdade e da igualdade.
Hoxe queremos dicir non a cada novo caso de violencia de xénero, a cada asasinato, a cada ameaza,
a cada prohibición e a cada caso de desigualdade. Oxalá pronto teñamos que dicir que non existe a
violencia de xénero, oxalá algún día non teñamos que recordar neste día a todas esas vitimas que
acabaron en mans das súas parellas. Farémolo por elas, no seu nome, no desas mulleres loitadoras
que un día non puideron máis, para que non volva a pasar. Rexeitaremos calquera tipo de violencia
machista


page | by Dr. Radut