Skip to Content

Vídeos de alumnado do centro premiados no concurso Informatízate

Dous vídeos elaborados por alumnado de 4º de ESO do centro foron premiados con mencións especiais no “I Concurso de Vídeos INFORMATÍZATE”, polas súas características de calidade na edición do vídeo e contido didáctico.

Este concurso, organizado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC, ten por obxecto promover a divulgación das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), e contribuír ao cambio dos estereotipos sociais que asocian o traballo en TIC co xénero masculino, utilizando o galego como medio de transmisión do coñecemento, e estimulando a creatividade do estudantado cos medios audiovisuais.

As mulleres nas TICs Supercomputadoras

Parabéns aos grupos premiados. 

 



story | by Dr. Radut