Pais/Nais
Becas e Concursos
Convocatoria becas MEC 2023-24
admin — Mér, 22/03/2023 - 09:25
Dende o día 27 de marzo de 2023 ata o 17 de maio de 2023 ábrese o prazo para solicitar as becas do ministerio de educación (MEC). Para máis información pincha
Despois dunha 1ª fase de clasificación no instituto IES Santa Irene, no que tiñamos que escribir un pequeño relato a partir dunha fotografía que tiña como tema base a auga doce, e con máis de 500 participantes, tres alumnas de 2º de ESO do noso IES fomos seleccionadas para ir á entrega de premios celebrada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o venres 6 de xuño; Candela González, Ana Sanuy e eu mesma, Ana R. Cervino.
Mentres esperabamos o ansiado momento e co correspondente desacougo por coñecer o/a primeiro premio, fixemos una visita guiada pola exposición sobre a auga (pura coincidencia co tema do noso relato) de máis ou menos una hora de duración e na que puidemos ver cadros e esculturas de autores como Óskar Kokoshkar e Leiro.
Sobre as sete da tarde comezaba o acto. Nominaron por sectores. No sector de Vigo, quedou en 6º posto Candela Gónzalez, no 3º posto saiu Ana Sanuy. Eu xa estaba a poñerme moi nerviosa, tan só quedaban os dous primeiros postos. ¿E se quedaba de 1ª? E comezaron a chamar ós segundos. Soou entón o meu nome. As do instituto Rosais 2 ocuparamos os postos pares. Nominaron logo ós primeiros por sectores e, tras una foto de familia, o nome da gañadora a nivel galego: Paula Rodríguez Franco do IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao, que irá unha semana a Madrid onde se reunirá con todos os gañadores das distintas Comunidades Autónomas para participar nun obradoiro literario a cargo de escritores e escritoras recoñecidos.
Todo o acto estivo salpicado de pequenos sketchs que parodiaban as redes socias e o mal que poden facer ás relacións persoais. Iso fixo que fose ameno, fluído e dinámico.
Por último, un catering que ninguén esperaba (moi saboroso por certo). E todos voltamos a casa. Para o ano que vén máis e mellor.
Os nosos alumnos de 3º ESO, Nicolá Le Creurer e Sabela Corral, participaron representando un ano máis ao noso Centro, na 8ª edición do Concurso de Deletreo, "Spelling Bee", organizado en Vigo, o venres 14 de marzo, por Schoolhouse. A pesar da inmensa dificultade das palabras que lles tocaron, ambos os dous superaron a primeira rolda e Nicolá Le Creurer conseguiu o segundo posto entre todos os centros públicos e privados de Vigo. Congratulations!
O luns día 18 de marzo, o noso Centro participou na primeira edición do Rally Galego Sen Fronteiras de Ciencias (Bioloxía e Xeoloxía) convocado por Igaciencia (Institución Galega de Ciencia). Nesta fase clasificatoria celebrada no propio Instituto, lograron o pase á final autonómica o grupo de alumnos de 4º de ESO integrado por: Almudena Álvarez Rodríguez-Sieiro, David Cerviño Fungueiriño, David Clemente Guinarte, León Fernández Cameselle, Isabel Herbello Rodríguez, Candela Martínez Pérez, Noa Mascato Fontaíña e Pedro Meijide Suárez. Todos eles acudirán o vindeiro 11 de abril a Santiago para dirimir a proba que permitirá aos gañadores acudir á derradeira fase, xa internacional, que terá lugar o 17 na cidade francesa de Toulouse, e á que tamén terán que ir acompañados polas súas respectivas profesoras María Martínez e Dolores Rivera.
Ademais de facer fronte ás probas, os que consigan acceder á cita gala terán oportunidade de facer un percorrido polas principais atraccións do lugar, como a Cité das Sciences ou Carcasonne, entre outras.
This is the third year our students have taken part in the Spelling Bee Contest organized by School House in Vigo. Our High School Rosai 2 was represented by Ana Macarena Villas Tobar y Yolanda Díaz de Conceiçao both students of 3º ESO.
Congratulations on the hard work they have done learning to pronounce hundreds of really difficult English words!
7ª Edición del Spelling Bee Contest
Este é o terceiro ano no que os nosos alumnos participaron no Concurso de Soletreo organizado por School House en Vigo, que tivo lugar o venres día 1 de marzo. O noso instituto Rosais 2 foi representado por Ana Macarena Vilas Tobar e Yolanda Díaz Conceiçao, ambas alumnas de 3º ESO.
¡Felicidades polo duro traballo que levaron a cabo aprendendo centos de palabras difíciles en inglés!
O pasado día 11 de xaneiro, Pablo Moreno, Mónica Rodríguez, Javier Estévez y Iago López, catro alumnos seleccionados polo seu óptimo rendemento académico, representaron ao noso Centro na Fase Galega da Olimpíada Española de Bioloxía, celebrado na cidade da Coruña.
Ademais de realizar as probas teórica e práctica, visitaron o edificio de Servizo de Apoio á Investigación no campus de Elviña, onde tiveron a oportunidade de participar en actividades de achegamento á Bioloxía. Pola tarde, fixeron unha viaxe ao interior do cerebro da man do biólogo e neurocientífico Xurxo Mariño, coa súa conferencia "Unha viaxe a través da mente".
O día 13 de xaneiro de 2012 participaron, como sempre, catro dos nosos alumnos na Fase Autonómica da Olimpíada Española de Bioloxía: Marta Contreras, Laura Couceiro, Alejandra Fernández e Roque Outeiral. Un dos exames máis brillantes nesta convocatoria, foi o da alumna Alejandra Fernández, resultando seleccionada para representar a Galicia na Fase Nacional que se celebrou en Murcia entre os días 22 e 25 de marzo.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+