Pais/Nais
Orientación
Dª María Hermelo Iglesias. Xefa de Departamento
Dª María Eugenia González Gómez
Charla “Que se fai na informática industrial?”
admin — Xov, 08/02/2024 - 23:06
O 19 de decembro, o alumnado de 1º BAC A e B asistiu á charla “Que se fai na informática industrial?”. O obxectivo da charla era dar a coñecer os principais avances na informática industrial, desde a utilización dos computadores ata a impresión 3D, facendo ver como é posible que se deseñe calquera cousa utilizando unha computadora e seguindo o seu proceso ata que se fabrica con control por computadora., para sistemas industriais de control, visión artificial, internet das cousas (IoT), robots, etc. A charla foi organizada polo departamento de Orientación do instituto e o relator foi Manuel Pérez Cota, da UVigo.
Inspira STEAM 2021
admin — Mér, 11/05/2022 - 16:45
O alumnado de 1º da ESO do IES ROSAIS 2 participou no proxecto INSPIRA STEAM que pretende fomentar as vocacións STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) entre os estudantes de secundaria.
O corazón do proxecto son as mentoras, que de maneira voluntaria, achegan o seu día a día a rapazas e rapaces. Todas son científicas e tecnólogas que desenvolven a súa actividade profesional en diferentes ámbitos: académico, empresarial, investigación, xestión, etc.
Este ano contamos con Elena Alonso Prieto (Escola Enxeñería de Minas e Enerxía), Ángeles Peña (Facultade Química e Enx. Química) Raquel Pérez, ( Enxeñeira e investigadora do Grupo de Tecnoloxía Enerxética) e Mercedes Pérez (Enxeñeira Telecomunicacións) entre outras.
Charla da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
admin — Lun, 25/04/2022 - 20:56
O 8 de abril o Departamento de Orientación organizou para o alumnado de 1º Bacharelato A unha charla sobre os estudos da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Tivemos a sorte de contar con Elena Alonso Prieto, directora da Escola, como relatora.
CHARLA SOBRE NANOCIENCIA E NANOTECNOLOXÍA.
admin — Ven, 07/05/2021 - 18:33
O Departamento de Orientación organizou para o alumnado de 4º ESO B e C unha charla sobre nanociencia e nanotecnoloxía. Estas céntranse no estudo e o emprego de materiais na nanoescala e atopan aplicación en tódolos campos científicos, incluíndo a biomedicina, a química, a bioloxía, a física, a ciencia de materiais e a enxeñería. Relator: Juan Pablo Hervés Beloso, Catedrático da Facultade de Química da Universidade de Vigo.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+