Pais/Nais
Economía
Charla “A innovación na empresa: Os modelos de negocio na era dixital”.
admin — Xov, 08/02/2024 - 23:03
O 18 de decembro, o alumnado de 1º BAC C e D asistiu á charla “A innovación na empresa: Os modelos de negocio na era dixital”. A innovación xoga un papel importante na empresa e no tecido económico pero, que é innovar? Que é un modelo de negocio innovador? Basta con ter unha idea orixinal ou unha tecnoloxía nova para innovar e pór en marcha un negocio? Que cambiou na innovación e nos negocios coa chegada da era dixital? A charla tratou esta temática analizando os novos patróns de innovación na empresa, os seus motores tecnolóxicos (internet, dispositivos móbiles, macrodatos (big data), a nube, etc.) de xeito ameno e con casos reais. A charla foi organizada polo departamento de Orientación do centro e o relator foi Emilio García Roselló, da UVigo.
Visita ao Parlamento Galego e á Catedral de Santiago
admin — Ven, 30/12/2022 - 12:25
O alumnado de Economía e de Historia da Arte de 2º de Bacharelato tivo unha saída didáctica organizada polos Departamentos de Economía e de Xeografía e Historia. O día 16 de decembro visitaron o Parlamento de Galicia e a Catedral de Santiago coas profesoras Victoria Castelao Iglesias e María Luisa González Ríos. Na Catedral disfrutaron dunha das obras máis sobresaíntes da arte en España e no Parlamento coñeceron de primeira man as funcións dos poderes lexislativo e executivo de Galicia, exercidos polo Parlamento e a Xunta de Galicia, respectivamente, distinguindo o traballo diferenciado que desenvolve cada unha das institucións.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+