Pais/Nais
Bioloxía e Xeoloxía
Dª Olga Mijón Pedreira. Xefa de Departamento
D Raúl Matos Conde
Dª Luis Miguel Pérez González
Programacións didácticas 23-24
Visita ao museo meirande e illa de san simón
admin — Lun, 21/10/2024 - 09:13
O día 27 de setembro, 65 alumnos/as de 3º ESO e 4 profesores visitamos o Museo Meirande (Rande) e a illa de San Simón. A primeira hora da mañá, embarcamos no porto de Vigo para dirixirnos, entre nubes e sol, ao Museo de Rande, primeira parada, onde aprendemos o significado da Batalla de Rande e as súas consecuencias, así como diversos aspectos da cría do mexillón nas bateas. Ao rematar a visita, volvemos a embarcar con dirección ás illas de San Simón e San Antón. Paseamos polos os seus lugares emblemáticos e coñecemos os trazos máis destacados da súa historia. Unha vez percorridas as illas e despois dun tempo para plasmar a fermosura da ría nas consabidas fotos, volvemos ao porto de Vigo onde dimos por finalizada esta interesante saída didáctica organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e o de Bioloxía e Xeoloxía.
Roteiro didáctico: senda litoral Massó - Liméns
admin — Mér, 05/06/2024 - 10:27
O 22 de maio o alumnado de 1º E.S.O. participou nunha saída didáctica organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores/as Xosé Manuel Lago, Raúl Matos e Olga Mijón.
No roteiro puideron observar edificios industriais como a fábrica de conservas de Massó, o almacén de Salazón e a Baleeira de Massó que no pasado tiveron un papel relevante na vila de Cangas, ademais no roteiro litoral de camiño á Praia de Liméns explicouse a formación da ría de Vigo, das illas Cíes e as Furnas de Santa Marta. Na Praia de Liméns achegáronse datos das especies vexetais e da formación das dunas, e sobre o fondo de maërl, fondos protexidos, de elevada biodiversidade, constituídos por algas calcáreas tridimensionais. Por último visitamos a Lagoa de Massó ou “A Congorza” onde avistaron aves.
Visita Didáctica Ás Illas Cíes
admin — Mar, 21/06/2022 - 12:25
O 17 de xuño, o alumnado de 4º ESO A e B participou nunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumos/as estiveron acompañados polas profesoras Andrea Rolo, Pilar Álvarez e Olga Mijón, Na visita didáctica ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia realizouse un percorrido guiado pola Illa de Monteagudo e a Illa do Faro. Durante o itinerario recibiron información en relación aos procesos da formación das rías, dunas, praias, cantís, formas do relevo, e sobre as colonias de aves, flora do parque e especies dos fondos mariños, salientando a importancia de preservar un espazo natural.
Obradoiro de RCP
admin — Lun, 20/06/2022 - 08:40
O día 8 de xuño, coincidindo coa inauguración do Congreso Nacional de Medicina de Urxencias e Emerxencias no Auditorio Mar de Vigo, celebrouse un obradoiro de Reanimación Cardiopulmonar ao que asistiu o noso alumnado de 3º ESO. A actividade estivo a cargo de Susana Puente, profesora do departamento de Educación Física e de Andrea Rolo, profesora do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. As dúas impartiron durante este curso clases de RCP no centro para o seu alumnado de Anatomía Aplicada e de Educación Física.
Charla "Aspectos Medioambientais na Explotación de Recursos"
admin — Ven, 08/04/2022 - 16:03
O alumnado de 2º de Bacharelato que cursa a materia de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente recibiu unha charla sobre os aspectos medioambientais na explotación de recursos, impartida por Iago Pozo, Subdirector de Relacións Exteriores da Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Abordáronse os impactos ambientais derivados da explotación dos recursos mineiros, como se consigue realizar unha explotación sostible e achegáronse exemplos da reutilización de espazos mineiros. A actividade estivo a cargo de Olga Mijón, profesora do departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
SEMANA DA CIENCIA 2021-22.
admin — Lun, 20/12/2021 - 23:38
A semana pasada celebramos a primeira Semana da Ciencia do IES Rosais 2. Os Departamentos de Ciencias organizaron actividades, experimentos e xogos nos que participou activamente o alumnado da ESO e Bacharelato durante os recreos. Desta forma experimentaron e viron de forma práctica a utilidade de moitas das cousas que estudian e ven de forma máis teórica nas clases. No seguinte vídeo tedes algunhas das actividades que fixemos e pode verse a motivación e o interese da comunidade educativa, o que nos anima a repetir este tipo de citas científicas.
CHARLA PROXECTO CLIMILLAT.
admin — Dom, 24/10/2021 - 17:23
O alumnado de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente participou na charla informativa e coloquio online do proxecto CLIMILLAT. O relator Alberto González, investigador coordinador do proxecto, vinculado á Fundación Matrix da Universidade de Vigo, expuxo os resultados dunha investigación pioneira sobre a realidade do cambio climático no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e os concellos da súa área de influencia, concienciando da importancia de fomentar comportamentos sostibles co medio ambiente. Esta actividade foi organizada pola profesora do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Olga Mijón Pedreira.
RECURSOS MINERAIS EN GALICIA.
admin — Mér, 28/04/2021 - 20:41
O 27 de abril contamos coa presenza de Elena Alonso, Directora da Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, que impartiu unha charla sobre “Recursos Minerais en Galicia/España” para o alumnado de 2º de Bacharelato B que cursa a materia de Xeoloxía.
CONCURSO PANCARTA
admin — Xov, 08/04/2021 - 17:47
CONCURSO PANCARTA
Co motivo de publicitar a nosa campaña de tratamento de residuos, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía convocou un concurso entre o alumnado para deseñar unha pancarta que se colocará na entrada do centro. Entre as opcións presentadas, o xurado seleccionou como gañadora á presentada pola alumna Desireé Rodríguez de 1º Bacharelato. Así mesmo, o alumno Xacobe Álvarez de 3º de ESO foi destacado cunha mención honorífica. Parabéns aos dous!
Pancarta gañadora.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+