Pais/Nais
Exposicións
Exposición: "As mulleres que levaban o mundo na cabeza"
admin — Dom, 05/03/2023 - 16:11
A través dalgunhas das fotografías de Ruth Matilda Anderson quixemos rendir homenaxe a todas esas mulleres que hai un século traballaron moi duro para soster a Terra, pois sen elas non habería presente.
Máscaras de entroido
admin — Dom, 19/02/2023 - 10:16
Como vén sendo tradición o alumnado de primeiro e terceiro da ESO, na materia de educación plástica, sorpréndenos coa súa recreación das máscaras tradicionais dos diferentes entroidos galegos, unha artistada!
Exposición "As mulleres que nos levaron á Lúa"
admin — Xov, 16/02/2023 - 23:17
A última quincena de xaneiro tivemos a sorte de ter no instituto a exposición “As mulleres que nos levaron á Lúa”. Esta exposición visibiliza o traballo das mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da misión Apolo XI e a chegada da primeira persoa á Lúa. Recolle a biografía e logros do equipo de enxeñeiras, matemáticas, físicas e informáticas que participaron nos cálculos de traxectoria, programación dos ordenadores e mesmo a alimentación dos astronautas que viaxaron no Apolo XI.
A exposición serviu tamén como punto de partida para empezar a traballar o “Día da Muller e a Nena na Ciencia”, que se celebra o día 11 de febreiro.
Exposición "SEN CANCELAS"
admin — Lun, 24/10/2022 - 20:57
Do 6 ao 20 de outubro tivemos no instituto a exposición "SEN CANCELAS. MEMORIAS DO ARCO DA VELLA EN GALICIA", una exposición itinerante que percorrerá centros educativos galegos. O Consello da Cultura Galega prestounos esta exposición na que se fai un percorrido sobre a diversidade para fomentar o respecto ante a diversidade sexual e de xénero.
Exposición de Teresa Moro no Marco
admin — Mar, 03/05/2022 - 16:54
O alumnado de 3º ESO tivo unha saída para ver á exposición “El efecto reliquia” de Teresa Moro no museo MARCO de Vigo. Ademais tiveron a sorte de participar nun obradoiro posterior. A actividade foi organizada por Carlos García Movilla, do departamento de Educación Plástica e Visual.
Máscaras tradicionais do Entroido
admin — Ven, 25/02/2022 - 18:54
Exposición do Entroido
admin — Ven, 25/02/2022 - 17:57
Para celebrar estes días grandes do Entroido o alumnado da ESO e mais a profesora Liliana Carro elaboraron uns paneis con información das diferentes máscaras desta rica tradición galega, que completaron con algunhas outras máscaras da Península, e que nos achegaron a uns ritos máis ancestrais que conservamos.
VIVE UN NADAL EN GALEGO: LECTURAS RECOMENDADAS.
admin — Lun, 13/12/2021 - 20:50
Dende Lingualízate propóñennos varios libros para este Nadal, ordenados por idades e cun pequeno comentario de cada un, para entreternos coas letras durante as vacacións ou para facer algún agasallo.
MES DA CIENCIA EN GALEGO.
admin — Mér, 10/11/2021 - 19:07
En novembro celebramos o mes da ciencia en galego así que dende Lingualízate propóñennos profesionalizar a nosa lingua dándonos algún do léxico máis empregado no noso día a día, mostrándonos a táboa periódica dos elementos químicos en galego ou recomendándonos algunha lectura sobre ciencia.
DÍA DAS ESCRITORAS.
admin — Xov, 21/10/2021 - 23:16
O pasado 15 de outubro celébrase en toda España o Día das escritoras, unha festividade que xurde co obxectivo de recuperar e reivindicar a figura das mulleres escritoras, que veu sendo negada ao longo da historia da literatura. A selección deste día non é fortuíta, senón que se debe a que este día é a festividade de Santa Teresa, patrona de todos os escritores españois. Por iso, o Departamento de lingua castelá xunto ao alumnado de 3º da ESO propúxose buscar ás mulleres escritoras desaparecidas dende a Idade Media ata o século XVIII e, para iso, deseñou uns carteis que colgamos na entrada do centro, para dar a coñecer a escritoras como Olivia Sabuco, Sor María de San José, Luisa Sigea, Juliana Morell ou Isabel de Castro e Andrade. Todas elas merecen que as atopemos e as coloquemos no sitio de onde nunca deberon ser quitadas: a historia da literatura.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+