Pais/Nais
Festivais
Máscaras de entroido
admin — Dom, 19/02/2023 - 11:16
Como vén sendo tradición o alumnado de primeiro e terceiro da ESO, na materia de educación plástica, sorpréndenos coa súa recreación das máscaras tradicionais dos diferentes entroidos galegos, unha artistada!
Entroido no IES Rosais 2
admin — Dom, 19/02/2023 - 10:38
O venres de Entroido o noso instituto converteuse nun plató de cine e polo patio pasaron pitufos, viquingos, teletubbies, cazapantasmas, piratas, personaxes de Alicia no País das Marabillas, Star War, Tiburón, Matrix, Shrek... Todo vale para montar unha divertida festa! Este vídeo é só un resumo de todos os cursos e disfraces,
FESTIVAL DE NADAL 2019
admin — Mér, 08/01/2020 - 22:33
FESTIVAL DE NADAL 2019
O 20 de decembro festexouse a chegada do Nadal cun festival, organizado polas profesoras Laura Rodríguez e Marta Barreiro do departamento de música e contando coa colaboración da vicedirectora. As representacións musicais foron moi variadas, participando alumnado de ESO e 1º de bacharelato, intercalando obras modernas e clásicas en distintos idiomas. O resultado do traballo de profesoras e estudantes foi un éxito.
Alumnado de diferentes cursos participaron no Festival con diferentes tipos de actuacións: tocar o piano, violín, guitarra, cantar, bailar e monólogos.
O curso 4º ESO A participou baixo a dirección da profesora de música dona Laura Rodríguez.
¡As nosas felicitacións a todas as persoas participantes!
O 19 de decembro tivo lugar o Festival de Nadal.
Contou coa participación de:
Alumnado de diferentes cursos, os cales realizaron diferentes tipos de actuacións: tocar o piano, violín, guitarra, cantar, bailar e monólogos.
Cursos que participaron toda a clase, como foron: 3º ESO A, B e C, e 4º ESO A, baixo a dirección da profesora de música dona Laura Rodríguez.
O grupo de teatro do Instituto dirixidos polo profesor de teatro don Guillermo Suris.
O coro do Instituto dirixido nesta ocasión por don Guillermo Suris.
Desde aquí queremos dar as nosas felicitacións a todas as persoas participantes.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+