Pais/Nais
Saídas Extraescolares
Visita ao Parlamento Galego e á Catedral de Santiago
admin — Ven, 30/12/2022 - 11:25
O alumnado de Economía e de Historia da Arte de 2º de Bacharelato tivo unha saída didáctica organizada polos Departamentos de Economía e de Xeografía e Historia. O día 16 de decembro visitaron o Parlamento de Galicia e a Catedral de Santiago coas profesoras Victoria Castelao Iglesias e María Luisa González Ríos. Na Catedral disfrutaron dunha das obras máis sobresaíntes da arte en España e no Parlamento coñeceron de primeira man as funcións dos poderes lexislativo e executivo de Galicia, exercidos polo Parlamento e a Xunta de Galicia, respectivamente, distinguindo o traballo diferenciado que desenvolve cada unha das institucións.
Pista de Xeo de Samil
admin — Ven, 30/12/2022 - 11:15
Este curso o Departamento de Educación Física recuperou a actividade de patinaxe que non se puido realizar os dous últimos cursos debido ás restricións derivadas da covid. O alumnado de 1º e 2º da ESO desfrutou dunha xornada de patinaxe sobre xeo na pista instalada en Samil o 7 e o 9 de decembro, respectivamente.
Cine en francés
admin — Dom, 11/12/2022 - 21:17
Os días 8 e 9 de novembro, a Alianza Francesa de Vigo organizou unha actividade de cine no Auditorio do Concello á que asistiu o alumnado de Francés de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. A a actividade foi organizada no centro por Begoña Montenegro, do departamento de Francés.
Exposición de Francisco Leiro no MARCO
admin — Dom, 11/12/2022 - 20:58
Os días 2 e 4 de novembro, o alumnado de Debuxo Técnico e de Educación plástica, visual e audiovisual de 1º ESO, 4º ESO e 1º de Bacharelato, visitou a exposición de Francisco Leiro no museo MARCO de Vigo e participou nun obradoiro posterior. Despois visitaron tamén a galería Maraca. A actividade foi organizada por Carlos García Movilla, do departamento de Educación Plástica e Visual.
Xornada Tecnolóxica no Verbum
admin — Mér, 11/05/2022 - 15:26
O alumnado de 4º da ESO que cursa as TIC tivo a oportunidade o pasado venres 6 de Maio de gozar dunha mañá de contacto coas novas tecnoloxías no espazo Verbum de Vigo que están a desenvolver alumn@s de último curso da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. O alumnado estivo acompañado polos profesores do departamento de Tecnoloxía Nerea González-Lavín Sáenz del Castillo e Óscar Loeda Rivas xunto coa profesora do departamento de Lingua Galega Verónica Taboada Lorenzo.
Á entrada do recinto o noso grupo foi recibido moi amablemente pola directora da Escola de Telecomunicación Rebeca Pilar Díaz Redondo quen se dirixiu ao alumnado para realizar unha breve introdución sobre os contidos que iamos visitar. Aí indicóusenos que serían os propios alumn@s da Escola, agrupados en equipos de aprox. 5 integrantes, quen presentaría os proxectos nos que están a traballar no seu último ano de grao.
VISITA EN LIÑA Á EXPOSICIÓN “AS MIRADAS DE ISAAC” DO MUSEO GAIÁS
admin — Xov, 01/04/2021 - 12:31
VISITA EN LIÑA Á EXPOSICIÓN “AS MIRADAS DE ISAAC” DO MUSEO GAIÁS
O 24 de marzo, o alumnado de 1º BAC A participou na visita en liña á exposición "As miradas de Isaac" do Museo Gaiás. Nela repásase a vida e obra do creador Isaac Díaz Pardo, referente da cultura galega do século XX. Abordou múltiples disciplinas, tanto as relativas ao mundo da arte, como ás do intelecto, ás técnicas ou ás industriais e sacou adiante importantes iniciativas que acadaron un salientable papel no conxunto da cultura galega do século XX. Na visita o alumnado coñeceu o seu polifacético universo (ceramista, pintor, deseñador, escritor, editor, empresario...) nun percorrido entre obras de arte, obxectos diversos, fotografías, textos, murais, documentos e proxeccións distribuídos en dez seccións. A actividade foi organizada polo profesor do Departamento de Debuxo, Carlos García Movilla.
MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA
admin — Sáb, 20/02/2021 - 01:24
MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA
O alumnado de 3º ESO participou na visita en liña aos módulos da Exposición Bocados do Museo Científico DOMUS de Coruña. Esta exposición trata sobre a nutrición e quere ser unha reflexión sobre a relación entre os alimentos e o medio ambiente. A actividade estivo a cargo do profesor do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Gabino Cuntín.
VISITA EN LIÑA Á EXPOSICIÓN DO MUSEO (do ermitán) MAN
admin — Lun, 21/12/2020 - 19:03
VISITA EN LIÑA Á EXPOSICIÓN DO MUSEO (do ermitán) MAN
O día 11 de decembro, o alumnado de Educación Plástica e Visual de 4º ESO D, asistiu a una visita guiada virtual á exposición temporal “MUSEO (do ermitán) MAN” do Museo do Mar de Galicia. A actividade, organizada polo profesor do departamento de Educación Plástica, Carlos García Movilla, achegou ao alumnado a obra do artista alemán Manfred Gnädinger, máis coñecido polo nome de “Man, o alemán de Camelle”.
CENTENARIO DA REVISTA NÓS
admin — Ven, 11/12/2020 - 14:06
CENTENARIO DA REVISTA NÓS
Para celebrar que o 30 de outubro foi o centenario da revista Nós tivemos no centro unha pequena exposición cos artigos, poemas, portadas… máis salientables de dita revista. Ademais, un grupo do alumnado de cuarto tivo a oportunidade de facer unha visita didáctica en liña por videoconferencia á exposición Galicia, de Nós a Nós, na que se destaca o importante papel que homes e mulleres desta Xeración tivo para a Nosa terra. A actividade estivo organizada pola profesora Liliana Carro Estévez..
VISITA Á E.D.A.R. DO LAGARES
admin — Mér, 11/03/2020 - 21:12
VISITA Á E.D.A.R. DO LAGARES
As alumnas e alumnos que cursan a materia de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2º de bacharelato visitaron o 3 de marzo a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Lagares en Vigo, acompañados das profesoras Olga Mijón e Sara González. A actividade, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, tiña como obxectivo coñecer as instalacións e procesos de depuración da E.D.A.R. de Vigo coa finalidade de ampliar os coñecementos sobre contaminación das augas e fomentar a concienciación medioambiental dos 29 alumnos e alumnas.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+