Pais/Nais
Escola de Nais e Pais
O pasado día 14 de maio, celebrose a conferencia de clausura da III Escola de Pais a cargo de Dª Carmen Cimadevila, Subdirectora Xeral de Inspección e Calidade Educativa co título A calidade educativa como reto.
No acto no que participaron un gran número de pais e nais, estivo acompañada por D. Manuel Vila, Subdirector Xeral de Innovación Educativa.
O día16 de abril ofreceuse a segunda charla dirixida ás familias, dentro do programa da III Escola de Nais e Pais. A conferencia levaba por título “Alimentación na adolescencia. Trastornos de conduta alimentaria”. Foron as ponentes Dª Ana Duarte Pérez, Médico Interno Residente do Centro de Saúde de Teis e Dª Alejandra Larrañaga Vidal, Psicóloga.Especialista en Trastornos da Conduta Alimentaria e Obesidade. A primeira parte da charla levouna a cabo Dª. Ana Duarte, e nela falou acerca das necesidades nutricionais nos adolescentes, a correcta repartición diaria e as demandas específicas da idade. A seguir, tomou a palabra Dª. Alejandra Larrañaga, que achegou aos pais a información necesaria para detectar problemas na conduta alimentaria e as posibles solucións e formas de atallar estes problemas. Ofreceuse, ao final da charla, e tras as preguntas e debate, a información escrita para aqueles que quixeran implementar os datos ofrecidos, tanto a través de páxinas web, obras publicadas e mesmo asociacións. Non podemos deixar de agradecer, ademais de ás dúas magníficas ponentes, o labor do doutor D. Pedro Callejas Cabanillas, do Servizo de Atención Primaria de Teis, que fixo posible o contacto con Dª. Ana Duarte e Dª. Alejandra Larrañaga. Grazas, tamén, neste sentido, a Dª. Susana Aldecoa Landesa.
O día 9 de abril, ás 19:30h., deu comezo a III Escola de Nais e Pais, que abriu o ciclo de charlas coa conferencia “Pubertad-adolescencia: ¿estamos preparados?”. A ponente, Dª. Susana Aldecoa Landesa, xa é unha coñecida do noso Centro, pois o curso pasado ofreceu unha charla de Educación Sexual e ETS ao alumnado de Bacharelato.
Dª. Susana Aldecoa, titulada en Medicina e Cirurxía, é médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, e desenvolve o seu labor como médico de Atención Primaria no SAP de Beiramar. Tamén se ocupa do Programa de Atención á muller, que inclúe problemáticas tan diversas como a prevención do cancro ou as enfermidades de transmisión sexual. En palabras da propia ponente “además da faceta asistencial do meu traballo, interésame a atención comunitaria, e é por iso que colaboro con centros educativos”.
Esta primeira “ronda” da Escola constou de dúas fases: unha primeira onde a sra. Aldecoa ofreceu ás familias a información necesaria, centrándose en primeiro lugar nos cambios hormonais e físico-psíquicos da puberdade (incidindo na diferenza púber-adolescente) e a seguir tratando este tramo de idade desde o punto de vista dos cambios hormonais e físicos nos púberes, e os cambios sociais e psíquicos no resto da adolescencia, sempre desde a visión como médico de familia e desde a experiencia da súa consulta.
A segunda parte abriu as preguntas e o debate, que Dª. Susana respondeu concienzudamente e de xeito moi clarificador. A única mágoa foi que o tempo pasou voando e moitas preguntas quedaron no tinteiro. Pero esperamos que nos visite de novo nun futuro, algo que as familias desexan e nós tamén.
III ESCOLA DE NAIS E PAIS
Programa 2012 – 2013
9 abril (19:30 h.)
Pubertad-adolescencia: ¿estamos preparados?
Ponente: Dª Susana Aldecoa Landesa
Médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria.
16 de abril (19:30 h.)
Alimentación na adolescencia. Trastornos de conduta alimentaria.
Ponentes:
Dª Ana Duarte Pérez
Médico Interno Residente C. S. Teis
Dª Alejandra Larrañaga Vidal
Psicóloga.Especialista en Trastornos da Conduta Alimentaria e Obesidade.
24 de abril (19:30 h.)
Conectados si, enredados non
(Os adolescentes e as novas tecnoloxías)
Ponente: D. Arcadio Rodríguez Vázquez
Filósofo. Especialista en alteracións da comunicación.
1ª quincena de maio (19:30 h.)
Sesión de Clausura.
A calidade educativa como reto.
Ponente:
Representante da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa da Consellería de Educación.
II ESCOLA DE NAIS E PAIS
Programa 2011 – 2012
18 abril (19:30 h.)
Alimentos funcionais na cesta da compra
(¿É realmente necesario consumir certos alimentos que se nos presentan como cheos de virtudes?)
Ponente: D. Xulio Astor Camino
Catedrático de Bioloxía. Autor de Alimentación saudable. (Ed. Xerais)
25 de abril (19:30 h.)
Convivir con adolescentes
(Normas a medio camiño entre a autoridade e o diálogo.)
Ponente: Dª Purificación García Cajide
Psicóloga. Especialista en conduta da adolescencia.
3 de maio (19:30 h.)
La licenciatura no es un grado
(Como orientar os nosos fillos para a Universidade que vén.)
Ponente: D. Pedro Pablo Gallego
Presidente da Asociación de Profesores Titulares da Universidade.
Coordinador en experiencias de adaptación da Universidade ao plan Bolonia.
CLAUSURA DA II ESCOLA DE NAIS E PAIS
O xoves 10 de maio, celebrouse unha conferencia, como clausura da Escola de Pais que estivo a cargo de D. José Luis Mira Lema, Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que falou sobre A calidade como reto da educación en Galicia.
I ESCOLA DE NAIS E PAIS
PROGRAMA 2010 - 2011
3 de maio (20,00 h.)
Hijos en red-ados, padres preocupados
Ponente:D. Arcadio Rodríguez Vázquez
Licenciado en Filosofía.
Mestre de Educación e Linguaxe, especialista en alteracións da comunicación.
10 de maio (20,00 h.)
Educación da afectividade
Ponente: D.ª Herminia Estévez
Matrona en Ourense e Master en Bioética pola Universidade de Santiago.
Grande experiencia profesional e autora de numerosas ponencias en congresos.
19 de maio (20,00 h.)
Nutrición e saúde
Ponente: D. Julio Astor Camino
Catedrático de Bioloxía. Autor de Alimentación saudable. (Ed. Xerais)
CLAUSURA DA I ESCOLA DE NAIS E PAIS
O mércores 25 de maio, celebrouse unha conferencia, como clausura da Escola de Pais que estivo a cargo de D. José Luis Mira Lema, Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que falou sobre A Educación en Galicia.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+