Pais/Nais
Dinamización Lingüística
Visita ao Museo Liste
admin — Ven, 02/02/2024 - 10:16
O 28 de novembro, o alumnado de 1º ESO visitou a exposición “Ancestros tecnolóxicos” do Museo Liste. A actividade foi organizada polo departamento de Tecnoloxía e polo de Lingua e Literatura Galega do centro.
Photocall da lingua
admin — Mér, 18/05/2022 - 20:49
O alumnado de 1º de bacharelato B e D, xunto co equipo de Lingualízate, preparou un photocall da lingua con mensaxes reivindicativas de apoio ao idioma, onde todo o que quixo veu facerse unha foto cun dos pequenos cartaces, para que quede claro que no noso instituto nos gusta o galego
Marcapáxinas das Letras
admin — Mér, 18/05/2022 - 20:30
A entrada do instituto encheuse estes días de pequenas mensaxes a prol da lingua galega, sobre a Nosa Terra ou de Florencio Delgado Gurriarán, para visualizar a importancia do noso idioma
Letras Galegas 2022
admin — Mér, 18/05/2022 - 20:24
¿Coñecedes a figura do homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán? Para profundizar un pouco nela podedes ver este pequeno vídeo que a rapazada de bacharelato de Lingualízate nos preparou
Entrega premios Día do libro
admin — Xov, 28/04/2022 - 15:18
O grupo de Lingualízate fixo entrega dos premios de reprodución de portadas co gallo do Día do libro. As gañadoras foron Adriana Pérez e Ana Rey, de 1 ESO C, que reproduciron as portadas dos libros Rapazas, de Agustín Fernández Paz e de Morning Star, de Xosé Miranda. Son unhas artistas!
Concurso fotografia Día do libro 2022 - 23 abril
admin — Lun, 04/04/2022 - 23:05
O 23 de abril celébrase o Día do libro e para conmemoralo dende Lingualízate organizan un concurso de fotografía con dúas categorías, unha de bookface e outra de reproducción de portadas.
Nos arquivos adxuntos podedes consultar as BASES e as portadas dos libros nas que inspirarse para a categoría BOOKFACE e para a categoría REPRODUCE UNHA PORTADA, que están todos na biblioteca. Animádevos a participar, pode ser moi divertido!
Lingua e dinamización celebra o día da poesía
admin — Lun, 28/03/2022 - 13:27
Co motivo do día da poesía, o 21 de marzo, o alumando de 1º de bacharelato B e D sacou o seu lado máis artístico e crearon uns pequenos poemas a varias mans, como un xogo poético, no que no intre de escribir só podían coñecer os dous versos anteriores. Quedáronlles moi ben, son uns poetas!
Siluetas de mulleres
admin — Mar, 15/03/2022 - 22:53
Coñecemos as mulleres que durante a historia foron importantes e moitas veces silenciadas? Para comprobarlo tivemos na entrada do instituto un panel con información de moitas delas e a súa silueta e ao cabo dunha semana descubrimos a súa foto e nome. A gañadora do concurso, despois dun sorteo entre as acertantes, foi Laura Sobral, de 1º de ESO C. Parabéns á gañadora e grazas por participar!!.
Lecturas
admin — Dom, 13/03/2022 - 15:52
Alumnado de 1º de Bacharelato foi esta semana polas aulas de 1º e 2º da ESO a ler textos con voz de muller en lingua galega, para facernos reflexionar sobre todo aquilo que non queremos volver escoitar ou como queremos cambiar o mundo. Coa literatura podemos aprender moito e até cambiar o noso xeito de pensar. Esta actividade organizouna Lingualízate e o Departamento de Lingua Galega.
Festa de Entroido
admin — Xov, 03/03/2022 - 20:43
Que gran festa de disfraces fixemos o venres no instituto! A temática era histórica e maioría de clases e alumnado quixo participar, foi un día fantástico!
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+