Pais/Nais
Igualdade
8M un día para reivindicar
admin — Mér, 08/03/2023 - 21:05
Un día para revindicar, porque estamos fartas de non ter os mesmos dereitos. Iso é o que nos din neste pequeno vídeo dúas rapazas de 1º Bach., rapazas coma elas forxan o futuro.
Día da diversidade
admin — Mér, 18/05/2022 - 23:17
O 17 de maio celébrase o día contra a LGTBI fobia así que o día 18 celebramos a II festa da Diversidade nos recreos, onde repartimos pulseiras, calcomanías, fixemos un photocall e unimos as nosas mans para loitar por un mundo máis xusto
Violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais
admin — Lun, 25/04/2022 - 19:42
O alumnado de 4º ESO tivo un obradoiro sobre a desigualdade e a violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais. Falouse sobre os estereotipos e os roles de xénero que aparecen frecuentemente nos anuncios de xoguetes, perfumes, roupa,..., e o uso tanto do corpo das mulleres como dos homes como meros obxectos, a cosificación das persoas. Tamén se mostraron anuncios libres de estereotipos que, aínda que non son moitos, empezan a aparecer. Esta actividade está dentro do Plan Proxecta+ “Por 365 días de respecto e igualdade”
Siluetas de mulleres
admin — Mar, 15/03/2022 - 21:53
Coñecemos as mulleres que durante a historia foron importantes e moitas veces silenciadas? Para comprobarlo tivemos na entrada do instituto un panel con información de moitas delas e a súa silueta e ao cabo dunha semana descubrimos a súa foto e nome. A gañadora do concurso, despois dun sorteo entre as acertantes, foi Laura Sobral, de 1º de ESO C. Parabéns á gañadora e grazas por participar!!.
8 de Marzo, Día Internacional da Muller
admin — Dom, 13/03/2022 - 15:00
Con motivo do 8 de marzo, día da muller, tivemos varias exposicións e actividades no centro. Unha das mulleres que admiramos de 1º de ESO que organizou o Departamento de Plástica, outra de portadas de revistas e xornais que fixo o alumnado de 1º Bach e organizou o Departamento de Lengua e Literatura Española, outra de mulleres científicas de 4º da ESO organizado por Bioloxía, outra de mulleres relevantes organizado por Antropoloxía e finalmente o deseño e creación de pósteres conmemorativos do 8M realizado por alumnado de 1º Bach desenvolvido dentro do ámbito das TIC (Departamento de Tecnoloxía). Con todas elas aprendimos moito!.
Lecturas
admin — Dom, 13/03/2022 - 14:52
Alumnado de 1º de Bacharelato foi esta semana polas aulas de 1º e 2º da ESO a ler textos con voz de muller en lingua galega, para facernos reflexionar sobre todo aquilo que non queremos volver escoitar ou como queremos cambiar o mundo. Coa literatura podemos aprender moito e até cambiar o noso xeito de pensar. Esta actividade organizouna Lingualízate e o Departamento de Lingua Galega.
25 DE NOVEMBRO: DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
admin — Mar, 30/11/2021 - 19:31
Este curso botou a andar o novo equipo de Igualdade do Ies Rosais 2, formado por alumnado e profesorado, e prepararon varias actividades para berrar todos e todas xuntos un NON contra a violencia de xénero. Un NON feito coas nosas mans, unha alfombra con mensaxes machistas como símbolo de todo aquilo que queremos pisar e non volver escoitar, o nome das mulleres asasinadas neste ano da man das súas parellas e varios carteis feitos polo alumnado nas clases de debuxo. A intención de todo isto é que tomemos conciencia e tentemos eliminar dunha vez tanta violencia de xénero como hai.
ENCONTRO CON EVA MEJUTO.
admin — Mar, 16/11/2021 - 10:51
CICLO DE ENCONTROS VIRTUAIS CON ESCRITORAS GALEGAS
Para pechar o ciclo de encontros con escritoras galegas organizado polo Concello de Vigo o alumando de cuarto escoitou con atención o que Eva Mejuto, escritora de libros tan lidos como 22 segundos ou Memoria do silencio, nos contou sobre as súas historias e sobre o mundo da transexualidade, onde se inspira o primeiro dos libros.
ENCONTRO CON IRIA MISA.
admin — Sáb, 30/10/2021 - 10:45
CICLO DE ENCONTROS VIRTUAIS CON ESCRITORAS GALEGAS
Continuando coas charlas do pasado curso de escritoras galegas organizadas polo concello de Vigo o venres 22 de outubro o alumnado de terceiro da ESO puido falar virtualmente con Iria Misa, quen nos falou da súa obra e do proceso da escrita, e deu pé para varias e interesantes preguntas da rapazada.
DÍA DA DIVERSIDADE.
admin — Ven, 11/06/2021 - 18:42
No noso instituto quixemos celebrar un Día da Diversidade, con photocoll, calcomanías, música, noticias relacionadas co mundo LGTBI... porque ser diferente é o que nos enriquece e queremos que todos e todas nos sintamos ben no centro. As actividades foron organizadas polo grupo de Igualdade e velaquí queda un vídeo resumo.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+