Pais/Nais
Obradoiros
Radio Lingualizate
admin — Mar, 05/11/2024 - 22:28
No mes de novembro, dende Lingualízate, comezamos coa radio en directo falando de música en galego. Unha vez ao mes iremos contando a evolución da música, dende as nosas pandereteiras ata a música actual, ata chegar ás Letras Galegas, este ano dedicadas ao noso patrimonio inmaterial
Últimas actividades do departamento de francés
admin — Mér, 06/07/2022 - 18:36
O Departamento de Francés presenta nestas liñas as dúas últimas actividades do curso. Un petit-déjeuner français au café de la Seine! e un recital de poesía en francés para o alumnado de 1ª da ESO no espazo da Biblioteca. Abaixo podedes acceder as imaxes destes eventos.
Finaliza desta maneira un gran traballo feito polo Departamento de Francés o longo de todo o curso e en especial do seu responsable Pilar Álvarez. Botarémosche de menos Pilar!. Moita sorte na túa nova andaina.
Saída á Creperie de Francés
admin — Mér, 29/06/2022 - 10:26
O luns 20, o alumnado matriculado en Francés de 4º ESO tivo unha saída didáctica organizada por Pilar Álvarez e Paz Orois, profesoras do departamento de Francés do centro. Foron á “La Marinière. Crêpes de Bretagne” na que tiveron un obradoiro no que lles explicaron en francés como facer creps.
Obradoiro de RCP
admin — Lun, 20/06/2022 - 08:40
O día 8 de xuño, coincidindo coa inauguración do Congreso Nacional de Medicina de Urxencias e Emerxencias no Auditorio Mar de Vigo, celebrouse un obradoiro de Reanimación Cardiopulmonar ao que asistiu o noso alumnado de 3º ESO. A actividade estivo a cargo de Susana Puente, profesora do departamento de Educación Física e de Andrea Rolo, profesora do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. As dúas impartiron durante este curso clases de RCP no centro para o seu alumnado de Anatomía Aplicada e de Educación Física.
Obradoiro de baile
admin — Mar, 26/04/2022 - 16:42
Durante dúas sesións o alumnado de 1 de Bach B e D tiveron un pequeno obradoiro de baile a cargo de Artur Puga, bailador e profesor, que ademais nos contou a súa experiencia acompañando ás Tanxugueiras no Benidorm Fest. Aprendimos uns pasos básicos de muiñeira e xota, agora toca animarse a pólos en práctica nas foliadas!
“QUERES INVESTIGAR CONNOSCO?” - CINBIO.
admin — Mér, 01/12/2021 - 20:40
O alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato e o de Física e Química de 4º ESO A participaron na actividade “Queres investigar connosco?” do centro de investigación CINBIO da Universidade de Vigo. Ademais de facer una reflexión sobre a necesidade da actividade investigadora, fixeron un pequeno experimento e participaron nun xogo online tipo “trivial” sobre ciencia, que se desenvolve no espazo virtual do CINBIO, no que o alumnado utilizou gafas de realidade virtual para móbil coas que coñoceu de xeito virtual algúns laboratorios do CINBIO.
OBRADOIRO DE REGUEIFAS.
admin — Xov, 21/10/2021 - 22:33
O Bieito Lobariñas
ao insti veu regueifar,
e con el nós aprendemos
moitas coplas a botar
Taller de improvisación oral para o alumnado de terceiro da ESO organizado por Lingualízate, foi ben divertido!
HORTA ECOLÓXICA DO INSTITUTO.
admin — Ven, 25/06/2021 - 13:05
Este ano puxemos en marcha no instituto unha horta ecolóxica, aproveitando o espazo que hai entre o pavillón e a valla posterior do recinto.
OBRADOIRO DE REGUEIFAS
admin — Xov, 25/03/2021 - 19:48
"O alumnado de 2º da ESO asistiu a un obradoiro de regueifas "Do pan á rima", organizado online polo Museo do Pobo Galego, no que puideron ver a evolución deste doce de vodas ao desafío actual. Para rematar aprenderon o esquema dos versos e trucos para regueifar e fixeron e cantaron eles mesmos unha copla"
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+