Pais/Nais
Actividades internas
Quedamos no palco, quedamos coa clásica
admin — Ven, 02/02/2024 - 09:22
O Teatro Afundación de Vigo ofrece aos centros educativos da ESO e Bacharelato esta actividade para que o alumnado poda desfrutar de concertos de música clásica gratuítos. O alumnado do centro interesado en asistir a Concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia e da Filharmónica tivo a oportunidade de ir no marco desta actividade. A actividade foi organizada por Laura Rodríguez, profesora do departamento de Música.
Os memes das Letras Galegas
admin — Mar, 16/05/2023 - 12:41
Posta en marcha do Club da Ciencia
admin — Dom, 11/12/2022 - 21:25
Xa temos en marcha o Club de Ciencia do IES Rosais 2. Nestas semanas estamos organizando a Semana da Ciencia que se celebrará neste mes no centro. O alumnado está preparando experimentos de Física e Química, preparando xogos baseados na electricidade e a hidráulica e programando co profesorado de Tecnoloxía, facendo volcáns e experimentos con algas co de Bioloxía, traballando figuras xeométricas e xogos co de Matemáticas e Educación Plástica... E en canto acabemos coa organización deste evento empezaremos a investigar os océanos. O club está aberto a novas incorporacións así que animádevos a participar.
RECOLLIDA DE MÓBILES.
admin — Ven, 25/06/2021 - 13:15
Este curso comezamos unha campaña de recollida de móbiles vellos, en funcionamento ou non. Os móbiles recollidos envíanse á Fundación Jane Goodall que, a través do seu programa “Mobilízate pola selva”, se encarga de reutilizar e/ou reciclar os seus compoñentes co dobre fin de reducir por un lado a súa demanda, e dese xeito minimizar os enormes impactos ambientais da súa extracción, e por outro, evitar o vertido ao medio de elementos potencialmente tóxicos para os ecosistemas.
DÍA DA DIVERSIDADE.
admin — Ven, 11/06/2021 - 18:42
No noso instituto quixemos celebrar un Día da Diversidade, con photocoll, calcomanías, música, noticias relacionadas co mundo LGTBI... porque ser diferente é o que nos enriquece e queremos que todos e todas nos sintamos ben no centro. As actividades foron organizadas polo grupo de Igualdade e velaquí queda un vídeo resumo.
CAMPAÑA DE RECICLAXE DE MÓBILES PARA PROTEXER OS ECOSISTEMAS AFRICANOS
admin — Xov, 08/04/2021 - 16:59
CAMPAÑA DE RECICLAXE DE MÓBILES PARA PROTEXER OS ECOSISTEMAS AFRICANOS
Como parte do noso compromiso co medioambiente, ademais da campaña de tratamento de residuos, Raúl Matos, profesor do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, comezou outra campaña de recollida de móbiles usados para a súa reciclaxe. Os móbiles conteñen unha enorme variedade de materiais potencialmente prexudiciais para o medioambiente e procedentes, en gran parte, de minas e explotacións de países do terceiro mundo. Alí causan un grave impacto ecolóxico, poñendo en perigo aos ecosistemas locais e deteriorando gravísimamente a calidade de vida da poboación. Desgraciadamente, tamén é moi habitual a utilización de man de obra infantil, e/ou semiescrava, na extracción destes recursos. Coa recollida dos móbiles e a reciclaxe dos seus compoñentes pretendemos colaborar, a través da asociación Jane Goodall, en minimizar estes problemas. Esta asociación, encárgase de investir os cartos xerados na recollida e reciclaxe dos móbiles en programas de escolarización e na protección das poboacións de primates na República do Congo. Como motivación, por cada 30 móbiles recollidos poderemos apadriñar a un chimpancé. A campaña está sendo un éxito, xa temos o primeiro apadriñado e dous máis veñen de camiño.
ATRÉVETE A RECICLAR
admin — Xov, 25/03/2021 - 19:31
ATRÉVETE A RECICLAR
Este curso iniciamos no IES Rosais 2 unha campaña de tratamento integral dos residuos xerados no centro debido á nosa actividade. Coa participación de toda a comunidade educativa preténdese dar un tratamento específico a cada tipo de residuos. Instaláronse no centro diferentes colectores para recoller tanto o papel usado, coma os plásticos procedentes de envases e envolturas de merendas, así como materia orgánica, fundamentalmente restos de comidas. Os plásticos e o papel recollidos irán a colectores específicos do exterior para a súa reciclaxe e a materia orgánica será destinada ao composteiro para ser utilizada na nosa horta escolar. Esta iniciativa foi impulsada polo profesor Raúl Matos, do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Cabe destacar a implicación do alumnado na iniciativa, tanto na súa publicidade no centro (foron alumnos/as de 1º de Bacharelato os que levaron a cabo charlas nas diferentes aulas informando da posta en marcha da campaña e de como sería o procedemento) como no funcionamento diario da mesma. Grazas, chicos/as!
CONCURSO SPORTS GIANTS
admin — Mar, 03/12/2019 - 13:59
CONCURSO SPORTS GIANTS
O concurso Sports Giants, organizado polos departamentos de Educación Física e Inglés, xa ten gañadores. Os alumnos Daniel Rodríguez (1º ESO A), Luis Rubianes (4ºESO B) e Miguel García-Miguel (2º Bach D) resultaron premiados. Parabens aos gañadores!
ACTIVIDADE DE VOLUNTARIADO - BANCO DE ALIMENTOS
admin — Mér, 27/11/2019 - 23:40
ACTIVIDADE DE VOLUNTARIADO - BANCO DE ALIMENTOS
O 22 de novembro as alumnas Inés Bernárdez Rodríguez, Candela Castro Vilar, Noa Hernández Comesaña, Montserrat Llamazares Castro, Ainhoa Paz Oliveira, Laura Domínguez García, Ángela Caamaño Obertos, Lucía Fuentes Vila, Kira Ortigueira Heredero e Alba Pérez Collazo de 4º ESO, participaron nunha actividade de voluntariado para o Banco de Alimentos. A participación estivo organizada polo Departamento de Relixión.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+